Onda Verde para unha Marea Galega

ACTUALIZACIÓN:
Pasado un tempo prudencial para que as persoas interesadas se apuntaran e para ver os avances na confección da «Marea Galega», agora xa co nome de «Mareas en Común», decidimos organizar as primeiras reunións informativas de Onda Verde.

O obxectivo é que as persoas que o desexedes poidades achegarvos para comezar a traballar nesta iniciativa que pretende aportar a visión verde
para as próximas autonómicas, apoiando á Marea que se forme.

A información das xuntanzas é a seguinte:

Santiago de Compostela
18 de abril, 20:00h
Centro socio-cultural «O Ensanche»,
rúa de Frei Rosendo Salvado, 16.

A Coruña
19 de abril, 20:00h
Cafetería Macondo,
rúa San Andrés, 106.

Vigo
23 de abril, 12:00h
Cafetería Hugo’s,
rúa Teixugueiras 16.

Agardamos a túa participación!

Esta era a mensaxe orixinal coa que anunciabamos a iniciativa hai xa dous meses nesta páxina:

  • EQUO Galicia aposta por unha candidatura de confluencia «real» para as próximas Eleccións Galegas.
  • EQUO Galicia considera irrenunciables para unha «Marea Galega» cuestións como as primarias abertas á cidadanía e a democracia participativa en todos os niveis do proceso.
  • A intención de EQUO é a de impulsar un chamamento, baixo o nome Onda Verde, que poida aglutinar a persoas e axentes do movemento verde en Galicia.
  • O obxectivo da Onda Verde sería a integración nesa confluencia maior, a «Marea Galega», para así garantir a presenza dos principios do ecoloxismo e a ecoloxía política na mesma.

O partido político EQUO Galicia celebrou o pasado dia 23 unha asemblea na que debateu sobre a súa postura de cara ás próximas eleccións autonómicas.

Unha das decisións tomadas foi a de facer un chamamento a todas as persoas e movementos ecoloxistas do país, coa intención de conformar unha “onda verde” que contribúa á construción do espazo de confluencia política ou “Marea Galega” cidadá, cos valores de radicalidade democrática e sostibilidade da Ecoloxía Política.

Por unha banda, EQUO Galicia considera imprescindible a conformación dun movemento de base cidadá de cara ás eleccións galegas, polo que mostra a súa decidida vontade de colaboración coa iniciativa autoxestionada posta en marcha polas mareas municipalistas, a “Marea Galega”.

Por outra, a formación ecoloxista galega declara a súa intención de construír unha “onda verde” que sume multiplicando, desde dentro, para garantir a presenza dos principios da Ecoloxía Política na “Marea Galega”. A radicalidade democrática, a través da celebración de primarias abertas á cidadanía, e o respecto á sustentabilidade social, económica e medioambiental na construción do programa, serán as cuestións fundamentais sobre as que vehiculará as súas achegas.

EQUO Galicia comezará a facer unha rolda de contactos con outros partidos políticos, organizacións, actores e toda persoa interesada neste proxecto de carácter integrador. O manifesto e principios pode consultarse na web www.ondaverde.gal onde calquera interesada en recibir información pode inscribirse e participar desde o inicio.

Deixa unha resposta