Unha fronte común pola renovación do panorama político galego.

A Coordinadora de EQUO Galicia ve con bos ollos a proposición de Xosé Manuel Beiras de crear unha grande fronte común de partidos que queiran renovar a política do panorama galego.

A Equidade social, a Ecoloxía política e a radicalidade Democrática son valores que compartimos diversas forzas políticas, e, dende esta perspectiva, EQUO Galicia expresa a seu interese en formar parte dun proxecto que ilusionaría á meirande parte do electorado galego que leva pedindo dende hai xa tempo unha unión deste tipo.
Con todo, tamén destacamos que a última palabra sempre corresponde e corresponderá á nosa Asemblea Nacional de EQUO Galicia das persoas afiliadas e simpatizantes, na cal se decidirá a nosa definitiva estratexia política.

Deixa unha resposta