Tralo 20N – EQUO segue!

En primeiro lugar, recoméndovos que leades o comunicado na páxina oficial de EQUO, xa que iso xa di moitas cousas que nós non queremos repetir.

En segundo lugar, moitas gracias ás 9.996 persoas que nos votaron en toda Galicia, e aínda máis ás 4.105 que nos votaron en Pontevedra. ¡Somos a 6ª forza política a nivel autonómico e provincial!

Estamos moi contentos cos resultados, tendo en conta o pouco tempo que levamos existindo, o feito de que case todos somos novos na política e que o fixemos todo con poucos cartos…

Ante todo, que saibades que EQUO segue. Somos un movemento en contínua construción e estamos agardando a que ti tamén te unas.

Envía un correo a equopontevedra@proyectoequo.org…
…ou mellor, entra na Equomunidade (www.equomunidad.org) e busca o Grupo Territorial de Pontevedra.
…tamén podes ir aquí para darte de alta como socio ou simpatizante.
…e por último, tamén podes participar nas redes sociais (Facebook, Twitter e Google+) ou no presente blog.

EQUO SEGUE!

Deixa unha resposta