Somos europeístas insubmisas*!

En EQUO e Primavera Europea somos europeístas insubmisas.

Florent MarcellesiInsubmisas fronte á Troika e as súas políticas de recortes en educación e saúde. Este austericidio deixou a millóns de parados, millóns de pobres e unha desigualdade totalmente inaceptable. Denunciamos que os conservadores e socialistas onde gobernan en Europa apoiaran estas políticas a favor dos intereses financeiros.

 Insubmisas fronte ao recorte de dereitos das mulleres, da mocidade ou das persoas migrantes. Os nosos mozos e mozas teñen dereito a quedar no seu país se o desexan!

Insubmisas fronte á falta de ambición e liderado europeo na loita contra o cambio climático e a fin da enerxía barata. As enerxías renovables e todos os empregos asociados foron os grandes afectados polas políticas do PP.

Ao mesmo tempo somos europeistas. Europa é un dos espazos clave para dar solucións a desafíos globais: económicos, democráticos, sociais e ecolóxicos. Por exemplo, o cambio climático ou os paraísos fiscais, que non coñecen fronteiras.

É hora de reinventar Europa desde a solidariedade, a ecoloxía e a democracia.Encontro sobre Economía alternativa e verde

Propoñemos un proceso constituínte europeo: a cidadanía europea ten que decidir colectivamente que Europa quere para hoxe e mañá, as súas regras comúns e o sentido da construción europea. En paralelo, reforcemos o poder do Parlamento Europeo, a institución comunitaria con maior lexitimidade democrática da UE.

Queremos unha gran transición ecolóxica da economía que cree 20 millóns de empregos verdes e decentes no conxunto da UE: rehabilitación de edificios, agricultura ecolóxica, enerxías renovables, mobilidade sostible, xestión sostible de residuos, sector do coidado, etc.

Esta reconversión será posible se ao mesmo tempo apostamos por mecanismos de solidariedade e redistribución entre países europeos: seguridade social de ámbito europeo e unha Renda Básica.

Queremos tamén repensar Europa desde os dereitos: dereitos das mulleres de decidir sobre o seu propio corpo, loitar polos dereitos dixitais e lembrar que ningunha persoa é ilegal.

Para facelo, temos unha coalición potente que pon en práctica o lema da Unión Europea: “unidos na diversidade”.

Somos emerxentes en España pero xa somos grandes en Europa: somos membros do Partido Verde Europeo, o cuarto grupo político no Parlamento Europeo.

Votar a EQUO e Primavera Europea*! é á vez un voto en conciencia e un voto útil.

Florent e Robert coas afiliadas e simpatizantes de EQUO

Deixa unha resposta