Semana europea da mobilidade

Logo de EQUO Pontevedra para a Semana Europea da Mobilidade: do 16 ao 22 de setembro

Xa estamos en plena Semana da Mobilidade Europea, e a boa xente de EQUO Pontevedra organiza en Vigo dentro duns días unha máis que interesante proposta: unha carreira de medios.

A actividade arrincará na Praza de América (diante da biblioteca) o martes 24 de setembro, ás 18.00 horas, cun percorrido que chegará ao Mercado do Calvario, pasando pola Porta do Sol como punto intermedio.

Que non sabes que é iso dunha carreira de medios? Nesta entrada do blog de EQUO Pontevedra  tes todos os detalles.

Outros interesantes eventos para celebrar esta semana europea da mobilidade podémolos atopar na Coruña, onde a Plataforma pola mobilidade ten preparada  ata tres actividades diferentes nestes días. Máis información no seu blog.

2 Comments

  1. EQUO Pontevedra ven de publicar as conclusións da súa Carreira de Medios. Podemos chegar a elas nesta entrada no seu blog: http://equopontevedra.wordpress.com/2013/10/08/equo-publica-o-informe-sobre-a-i-carreira-de-medios-de-transporte-celebrada-en-vigo

Deixa unha resposta