Sae á rúa contra as touradas.

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, Asociación Animalista Libera e Fondation Franz Weber convocan á cidadanía e ás organizacións e colectivos de todo signo a participar na Manifestación Antitaurina da Coruña. EQUO estará alí!

Mañá domingo, 5 de Outubro, ás 12 horas, na Coruña con saída dende O Obelisco ata a Praza de María Pita. SÚMATE!  O punto de encontro de EQUO será na esquina de Abanca a carón do Obelisco ás 11:45.

A tortura non é cultura

EQUO sumou o seu apoio fai días á manifestación que terá lugar mañá contra o intento de reflotar as touradas na Coruña. Os motivos polos que loitamos polo fin desta violenta tradición son claros e cada vez máis persoas suman as súas forzas para logralo.

A tauromaquia non se sostén sen subvencións, e non hai peor momento ca o que estamos a vivir, para desviar fondos públicos da sanidade, da educación, dos servizos socias, etc. para soster unha industria deficitaria.

As touradas fan da tortura a un animal inocente un espectáculo sanguinolento que se mantén como excepción vergoñenta nas leis de protección animal de todo o Estado. Desde EQUO reclamamos que non hai excepción que valga á xa insuficiente protección dos animais no noso país.

Desde EQUO estamos seguros de que este espectáculo toca ao seu fin. Non hai dúbidas xa que cada ano as cadeiras valeiras nas prazas de touros aumentan. Os concellos que desbotan encerros e touradas das súas festas aumentan cada ano. Pero sería unha mágoa non dar carpetazo a esta barbarie xa, no canto de deixala morrer pola súa conta. Desde EQUO pedímosvos que saiades mañá ás rúas coruñesas na defensa dos animais e contra a tortura animal.

Galicia, coma calquera lugar, estará mellor sen touradas!

 

Deixa unha resposta