Retiran os cargos contra Diego Lores

Congratulámonos en todo EQUO Galicia da boa nova que acompaña a publicación na web da nota de prensa enviada onte aos medios en apoio a Diego Lores.

(http://www.vigoalminuto.com/2017/01/16/asembleadecoia-logra-hacer-realidad-la-absolucion-de-diego-lores/)

EQUO Galicia apoia o peche solidario en apoio a Diego Lores, activista e incansable voluntario social en Coia

EQUO Galicia mostra o seu total apoio e solidariedade co activista Diego Lores que dende este domingo comeza cun peche de 48 horas para reivindicar a súa absolución. Durante este tempo estará acompañado doutras persoas que como Diego forman parte da Asamble Aberta de Coia, colectivo que xa recolleu 1500 sinaturas para reivindicar a inocencia do seu compañeiro.

O partido político entende que non hai probas que sosteñan a acusación contra Diego Lores xa que soamente se sustenta na testemuña dun axente municipal. Deste xeito, a formación califica de verdadeiro despropósito a petición de tres anos e medio de cárcere e 30.356 euros de responsabilidade civil que se solicita contra o activista.

Dende a agrupación política ecoloxista, valórase ademais este xuízo como un intento de poñerlle freo á protesta social xurdida en Coia contra o malgasto de cartos público por parte do Concello, que mentres limita e reduce as axudas sociais para os veciños, dilapida os recursos de todas nunha obra faraónica sen ningún retorno para a cidade. Como moi ben dicen na Asamblea Aberta de Coia parece que se quere que os activistas se sintan sós e acosados con multas e xuízos. Porén, EQUO Galicia non renuncia a solidarizarse con Diego e con todos os colectivos que están a sufrir as mesmas represións na cidade.

O xuízo no que Diego se está a ver envolto celebrarase o vindeiro martes día 17, ese día as persoas que participan no peche o acompañarán aos xulgados dende a parroquia do Cristo da Victoria. O activista social está acusado de atacar a un axente da policía local durante os altercados veciñais pola protesta contra a instalación do Barco “Alfageme” na rotonda de Coia. Con todo, dende EQUO Galicia consideramos que Diego foi elixido por ser un activista sobradamente coñecido na cidade e que esta acusación pretende ter caracter “exemplarizante” para tratar de asustar as persoas que protestan contra o poder establecido.

QUÉRENNOS EN SOIDADE, TERANNOS EN COMÚN!

cartaz diego lores

Deixa unha resposta