Resultado das primarias en EQUO Galicia

Co gallo de configurar as listas que EQUO Galicia presentaría as vindeiras eleccións ao Parlamento Galego do 21 de outubro a semana pasada tivo lugar o proceso de primarias nas catro provincias galegas.

Ao mesmo tempo, membros da Mesa de Coordinación de EQUO Galicia continuaban coas negociacións con Esquerda Unida e Anova seguindo o mandato da Asemblea de persoas afiliadas e simpatizantes de acadar un acordo para concurrir en coalición o 21 de outubro. Finalmente o acordo produciuse é xuntos formaremos un fronte único para loitar por os dereitos cidadáns nun marco sustentable que garanta o futuro para todas e todos.

Se eres afiliada ou simpatizante de EQUO Galicia, revisa o teu buzón electrónico. Alí terás os resultados das votacións. Lembrarvos que o reconto é ponderado, polo que o candidato do primeiro posto obtén máis puntuación que o segundo na lista e así sucesivamente.

As dúas primeiras persoas de cada lista de EQUO Galicia son as que forman parte da lista electoral da coalición Alternativa Galega de Esquerda.

A Coruña: Pablo Otero e Marita Iglesias Padron.
En Lugo: Fernando Rodríguez López, María Fe Rodríguez
En Ourense: Alberto Cremades Díaz e Montse Valencia León
En Pontevedra: Serafin Valencia Triviño e Dolores Tobío Sueiro.

Lembrámoste que, como en todas as listas confeccionadas por EQUO son paritarias e seguen o esquema da cremalleira, polo que os postos acadados pola votación poden ser modificados para garantilo. Este proceso, no caso de facer falta, levouse a cabo nas asembleas provinciais do sábado 15 de setembro.

Como sabedes, esto non fixo máis que comezar. Temos por diante moito traballo para darmos a coñecer a EQUO e as nosas ideas. Precisamos da vosa axuda para facer a mellor campaña que esté nas nosas mans. Pronto teredes máis novas.

Ti es Equo. Xuntos somos máis EQUO!

Unha aperta
Mesa Coordinadora de EQUO Galicia

Deixa unha resposta