Rescatemos o futuro e non aos que contaminan

Non podemos repetir o sucedido na crise do 2008. Daquela, mentres a cidadanía padecía as políticas de austeridade, os gobernos recataban aos bancos. Todas sabemos que o erro por aquel entón foi privatizar os beneficios e socializar as perdas. Esta é unha situación que non se pode volver a repetir

Dende EQUO Galicia propoñemos que esta vez se rescate ás persoas e aos sectores sustentables. Deste xeito, as axudas públicas estarían vencelladas a condicións ecolóxicas, sociais e económicas xustas. Por exemplo, Alcoa non debería ter recibido nunca 38 millóns en axudas públicas sendo o segundo emisor de CO2 na comunidade e mantendo unha balsa de residuos de 78 hectareas.

Deste xeito, pensamos que as empresas que reciban axudas non deben ter sé en paraísos fiscais nin repartir dividendos durante a lo menos dous anos. Deben cumplir co acordo climático de París ademais de protexer a biodiversidade. Por último, deberían estar comprometidas coa igualdade e abonar os mesmos salarios tanto a homes como a mulleres que desempeñen o mesmo traballo.

Os poderes públicos poden e deben condicionar as súas axudas a estes criterios. Estamos a tempo aínda de decidir á quen salvamos cos cartos que saen dos petos de todas.

Comments are closed.