Recollemos 53 quilos de lixo por uns océanos máis sans

O día 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos. Neste día intentamos tomar conciencia sobre o papel crucial que os océanos desempeñan nas nosas vidas, os distintas xeitos en que as sociedades inflúen na súa conservación e como as persoas poden axudar a protexelos. O lema do 2015 é “Uns océanos sans, un planeta san“.

Desde hai uns anos a asociación ecoloxista ADEGA organiza en Galicia unha limpeza simultánea de praias neste día. E este ano, as xentes de EQUO Pontevedra decidímonos a organizar unha recollida  de lixo en Vigo baixo o paraugas da Fundación EQUO.

recollida lixo praia Cabo Estai 7 xuño 2015 ás 11h VIGOXuntámonos 9 persoas, activistas de EQUO e de Greenpeace,  o domingo 7 de xuño pola mañá na praia situada a carón do Centro Oceanográfico de Vigo. Durante a xornada percorremos a praia e as zonas inmediatas de rochas aproveitando a baixamar.

O principais restos atopados están relacionados coas actividades no mar, cordas, restos de boias de diferentes materias altamente contaminantes coma polistireno ou poliuretano…  Tamén é importante a presenza de envases plásticos: botellas PET de auga, de iogures líquidos, etc.

IMG_20150607_160513Durante as dúas horas de traballo, fomos quen de retirar 53 quilos de lixo, nos que non contamos os restos de formigón da imaxe, que tivemos que deixar atrás. Do total recollido separamos 9 quilos de envases para depositar no contedor amarelo para a súa reciclaxe.

Lamentablemente, os 44 quilos restantes tivemos que depositalos nos contedores xerais xa que en Vigo non dispoñemos dun punto limpo onde poder entregar restos coma todo o polistireno, as cordas de materiais plásticos, etc.

IMG_20150607_160518A presenza deste tipo de restos é algo habitual nas nosas costas, incluso en praias pouco transitadas como esta. O mar bota fóra o que non é del. Pero moito deste lixo segue nos nosos océanos, rompéndose en pequenas porcións microscópicas que tras ser inxeridas polos peixes, rematan na nosa cadea alimentaria.

Por todos isto, cómpre tomarmos consciencia do uso de plásticos e, ademais de ir reducindo todo o posible o seu emprego nas nosas vidas, asegurármonos de que o que empreguemos chegua a puntos de xestión responsable de residuos e de reciclaxe.

 

IMG_20150607_133344

Deixa unha resposta