Queremos unha república federal co ecoloxismo e a equidade como bases

Hoxe é 14 de abril o cal significa que se cumpren 89 anos da proclamación da II República en España. Por este motivo hoxe queremos lembrar que o noso partido está comprometido cun cambio na forma política do estado español que tería que pasar de Monarquía Parlamentaria a República Federal. Engadimos que esa república debería ter entre os seus valores fundamentais a ecoloxía, a equidade e o feminismo.

Resúltanos incompatible defender a equidade social e ao mesmo tempo defender un sistema polo cal a xefatura de estado é hereditaria, poñendo polo tanto, a unha soa familia por riba do  resto das demais persoas.

Hoxe moitas voces berran: “Nin coroas, nin virus” e nós unímonos a ese lema. Non nos chega que o actual rei, lle retirara a asignación ao seu pai e ademáis rexeitara a súa herdanza despois de facerse público que recibira 100 millóns de dólares nunha conta nun paraíso fiscal. Especialmente cando o propio Felipe VI admite que sabía que seu pai tiña unha estrutura financieira offshore. Preguntámonos que tipo de exemplo de equidade pode ser esta institución e os seus compoñentes.

Por estas razóns, demandamos a instauración dunha III República Federal na que os principios de ecoloxía, equidade e feminismo sexan os seus alicerces.

Comments are closed.