Protexendo os nosos ecosistemas, protexemos o noso futuro

Este ano temos experimentado máis que nunca a importancia da biodiversidade, tema ao que a ONU dedica o Día Internacional do Medio Ambiente. A preservación dos medios e das especies que habitan nel é a mellor barreira natural fronte as pandemias. Por esta razón temos que traballar máis que nunca para preservar o noso planeta e as especies que o habitan.

Hoxe é importante que sexamos conscientes da magnitude do problema que representa o cambio climático. Por iso, é vital mudar xa os antigos hábitos. Temos que acometer xa a transición ecolóxica que debe ser unha transformación xusta. Neste sentido, os poderes públicos teñen que ser quen de encarar o futuro con valentía tomando todas as medidas necesarias. As políticas que se elaboren non poden estar destinadas a reproducir patróns produtivistas ou encamiñadas a beneficiar a empresas contaminantes.

Se reparamos no país, temos en Galicia moitas cuestións pendentes de resolver. Só fai falta reparar nos proxectos depredadores de mineiría e do eólico, o abandono das presas de residuos mineiros de San Fins, vertedoiros como o de Grixoa-Miramontes, os sentinazos ou os nos niveis de contaminación ambiental das cidades. Todas estas cuestións e o modelo de desenvolvemento actual teñen que ser cuestionadas. Nós témolo claro: non podemos dar nin un só paso atrás, só pasos en diante.

Comments are closed.