#PrimariasEQUO Eleccións Europeas 2014

Participa nas #PrimariasEQUO

EQUO é un espazo político que traballa en prol de acadar outros xeitos de facer política, máis abertos e alonxados da opacidade que caracteriza aos partidos tradicionais. As nosas primarias abertas forman parte dese compromiso pola transparencia e a participación democrática.

Animámoste a que participes na elaboración da nosa lista para as Eleccións Europeas que terán lugar o próximo 25 de maio.

As primarias faranse cun sistema de elección de dúas voltas:

  1. A primeira votación terá lugar do 22 ao 31 de xaneiro.

    Esa votación determina a posición na lista das candidatas e dos candidatos (lembra que en EQUO empregamos listas cremalleira, alternando mulleres e homes).

  2. As dúas mulleres e os dous homes máis votados na primeira volta pasarán a unha segunda fase na que se decidirá quen encabezará a nosa lista. Esta segunda volta terá lugar do 1 ao 10 de marzo.

Tes toda a información sobre como participar nas primarias na seguinte ligazón da páxina de primarias de EQUO: http://unete.partidoequo.es/primarias

Unha vez pechado o prazo para a presentación de candidaturas, contamos cun total de setenta persoas entre as que escoller, incluíndo catro candidaturas de membros de EQUO Galicia. Podes consultar as candidaturas nesta ligazón: http://unete.partidoequo.es/primarias/candidaturas

Esta é a Nota de Prensa que preparamos sobre o noso proceso de primarias: 20140103_Primarias_EQUO

Imaxe promocional das primarias de EQUO para as Europeas 2014

Deixa unha resposta