Pregúntallo a Juantxo

Na vindeira semana Juantxo López de Uralde, un dos fundadores do partido EQUO, virá a Galicia a apoiarnos durante a presente campaña electoral cara o 21 de outubro. Participará en diversos actos por todo o país dos que vos iremos informando.

Desde EQUO Galicia pensamos que esta é a mellor oportunidade para preguntarlle todas aquelas dúbidas que teñades sobre EQUO. E non podemos deixala pasar. Queremos resolver cada cuestión pendente. Deixa a túa pregunta nun comentario aquí mesmo. Das preguntas recibidas ate o venres ás 23:59 escolleremos entre todos as mellores e esas farémoslla chegar.

E ti, que lle queres preguntar a Juantxo?

Biografía de Juantxo López de Uralde

Juan Antonio López de Uralde Garmendia (San Sebastián, Guipúzcoa, 1963), coñecido habitualmente como Juantxo López de Uralde, é un activista ecoloxista que cursou estudios de Enxeñeiría Agrícola na Universidade Politécnica de Madrid.1

Tras 10 años coma director de Greenpeace-España, foi uns dos fundadores do proxecto de ecoloxía política Equo en setembro do 2010. É secretario xeral e membro da Comisión Xestora do partido EQUO desde outubro do 2011. (Ler máis_ligazón externa)

 

21 Comments

  1. Pregunta: Cal é o programa medioambiental da alternativa galega de esquerdas da que equo fai parte?

  2. Cal é o obxectio de EQUO en estas elecciones en Galicia? Y en Euskadi?

  3. Cuál es el objectivo de EQUO en estas elecciones en Galicia? Y en Euskadi?

  4. Cal pode chegar a ser o papel de EQUO nas vindeiras eleccións europeas? Acadaredes representación en Bruxelas?

    • Juan, amiguiño, que non te enteras… as preguntas son para as eleccións galegas do día 21 que aínda non pasaron… e ti xa estás pensando nas seguintes das seguintes das seguintes? Non tes nada que preguntar para as inmediatas? Tan claro tes o que vai a facer Equo nesta coalición?… pois noraboa, porque algúns aínda non temos nin idea (e mirando o programa da alternativa galega de esquerdas, menos entendemos o que pode pintar ahí Equo).

  5. Jesus puente bermudez

    disponer d una unidad d intervención contra incendios con un tiempo mínimo d respuesta,aparte d lo ecológico… sueldo a alcaldes y concejales x ley en base a habitantes,al igual sueldos x ley a todo estamento que dependa d dinero del contribuyente,cualquier proyecto q suponga inversión d dinero publico será publicado en varios medios,reducción d políticos con sueldo…

  6. La pregunta para Uralde es sencilla. 1. En que beneficia a Equo el pacto preelectoral en Galicia. 2.- Porqué los simpatizantes se han visto ante una alianza sellada entre los cuadros de los partidos y no se ha dejado tomar la iniciativa a las bases de afiliados y simpatizantes en Galicia. 3.- Se ha justificado el pacto con la idea de desalojar al PP del gobierno, pero las encuestas apuntan a que se produce el efecto contrario al debilitar a la oposicion, este error de calculo tendra responsables.

    • Vaia, pois ante a pregunta nº2 agora teño unha dúbida, pois persoalmente (e non son afiliado, solo simpatizante) a min se me consultou si, por esta orde, Equo se presentaba a estas eleccións galegas ou non, si se presentaba en solitario ou en coalición, e de presentarse en coalición con que outras forzas. Incluso non poidendo asistir presencialmente ás asambleas os simpatizantes poidemos votar a través de internet. E decir, que todos os afiliados e simpatizantes (que quixeron), física e virtualmente votaron esas propostas.

    • Verdes Ecopacifistas, parece clara tu opinión negativa sobre la presencia de EQUO en la coalición, y es respetable. Lo que no lo es tanto es que mientas para defenderla. La presencia o no de EQUO en esa coalición fue una decisión de *toda* EQUO Galicia, no de ninguna cúpula (inexistente) ni de EQUO Federal.

      Un saludo

    • O que comenta Antón é totalmente certo. De feito, creo recordar que se fixeron anuncios para esas votacións via correo electrónico a tódalas persoas rexistradas como afiliadas ou simpatizantes de EQUO Galicia, e incluso no blog e no facebook. Descoñezo a túa problemática, pero si non che chegan as notificacións de EQUO, ponte en contacto dende calquera destas maneiras http://equogalicia.proyectoequo.org/?page_id=41 e comenta o teu caso.
      Apertas!

  7. Daniel de Vega

    ¿Hai algunha liña boa nesta crise económica que está a reducir tantísimo a venda de coches, o consumo eléctrico e xa o consumo en xeral?

  8. Daniel de Vega

    Nestes tempos en que os recortes chegan incluso á sanidade, para a poboación resulta moi difícil de crer que as políticas medioambientais podan requerir maior atención; mais se cadra incluso para quen entende de ecoloxía, que unha ameaza medioambiental de primeiro orde como é a mudanza climática estea causada a nivel global. ¿Cales son pois as prioridades estratéxicas de EQUO e os casos concretos de problemas mediambientais, a nivel galego ou global, ós que habería que afrontar -e cómo- dende o primeiro momento?

  9. Daniel de Vega

    Tendo en conta que as achegas ás empresas para a investigación en tecnoloxías ‘eco’ rematan normalmente coa deslocalización da produción a países poco sustentables social e medioambientalmente coma China, e con unha gran pegada ecolóxica no fondo, cuestiono: cal é o papel que se lle asigna ás novas tecnoloxías ‘eco’ como puideran ser inversións en coches ou bicicletas eléctricas, ou a producción agrícola industrial ‘bio’, ou a enerxía verde?. A solución inmediata pode pasar por subvencinar estes modelos (e que pasan ás veces por chamarse ‘capitalismo verde’)?

  10. Con “paracas” que vos referides a Aymerich por Pontevedra???jajajajjaja

  11. Dúas preguntiñas máis (si, xa sei que o prazo remataba o Venres, pero como entraron preguntas despois, pois aproveito).
    EQUO mantén acordos e alianzas con Compromís, ICV etc, pero no caso galego ambas forzas manteñen alianzas cos ecogaleguistas e ignoran a EQUO-Galicia. Non se aclaran eles ou non nos aclaramos nós? Que entidade/forza/partido enetende Compromís e ICV que son os seus referentes en galciia, EQUO ou os ecogaleguistas? (si, xa sei, a resposta fácil sería decir “pois preguntalle a eles” pero a cuestión e… que o pina EQUO deste descontrol, ou deslealtade destas outras formacións políticas “amigas”?).
    Seguinte: cal e o posicionamento de EQUO sobre o dereito á autodeterminación dos pobos?. Nos discursos se dice que si, pero os documentos non aparece. Un dos ataques máis directos contra EQUO nesta campaña foi que EQUO non acepta a plurinacionalidade do estado. Enetndendo a EQUO como partido republicano e federalista, hai algún documento publicado co que se poida rexeitar esa acusación?

  12. As preguntas están plantexadas, agora solo faltan as respostas de Juantxo… u-las???

  13. … “cousa que se fará canto antes, e antes do venres seguro”.
    Pois estando a venres solo podo decir que moi clarificadoras as respostas de Juantxo (eu sempre defendín que non dar respostas e un xeito de responder) e sinto que ante a perspectiva de “tocar poder” EQUO pase a ser un partido político máis, no mal sentido da palabra, frustrando as ilusións de moitas persoas que pensábamos que sería outra cousa. Noraboa, todo indica que o 21 ides rachar subidos no tren da AGE. Si o PP conserva a maioría absoluta ese rache será pouco relevante, pero si perden a maioría será cando empezarán as contradiccións. A última pregunta sería… venderá EQUO a súa alma?. Tranquilidade, non hai máis que ver as imaxes do mitin de onte en Vigo… ateigado de xente. Onde estaban esas masas nos actos previos nos que, con sorte, se xuntaba un cento de persoas?(e na maioría nin unha dúcia). Dito doutro xeito… a partires de agora ides ter “amigos que se arriman ao cabalo gañador” abondo. Eu, será pola idade, nestes casos de éxito penso nos que xa non están, nos que marchamos. Nos que pensamos que agora toca empezar outra cousa. Sempre nos quedarán os grupos ecoloxistas, e sobre todo os grupos ecoloxistas independentes, que habelos hainos.
    Sorte.

    • Antón, penso que estás sendo inxusto.

      No tema das respostas de Juantxo, cando menos, deberías concedernos o beneficio da dúbida. Se aínda non están listas é porque non se puido facer antes… Os nosos recursos son os que son. Temos preparado un vídeo coas respostas (grazas á xente que traballou para que sexa posible). Seguro que hoxe xa o podemos por á vosa disposición.

      O tema de AGE creo que xa foi bastante debatido. A min persoalmente fanme gracia as críticas de que EQUO cae en formas de facer política tradicionais (de *venderse*, vamos) utilizando os prexuizos de sempre, como iso de «tocar poder». En fin, cada quen é libre de pensar o que queira. Eu, que non era moi pro-coalición, penso que as cousas se trataron de facer o mellor posible, e non co ánimo de xustificar a fin con calquera medio.

      Saúdos!

    • Antón, a razón porque o video coas respostas ainda non esté colgado é que houbo un problema co son. Nestes intres, polo que nos dixo a encargada da grabación xa se está subindo á nube. Agardamos poder publicalo canto antes. Sinto a demora e pido disculpas polo mal cálculo ao dicir que se colgaría antes do venres e polas molestias que che puidera ocasionar.

Deixa unha resposta