Precisamos un tren de futuro, precisamos unha rede de proximidade

A mobilidade do futuro é non contaminante, innovadora, accesible e eléctrica! Por esta razón propoñemos unha lei autonómica de mobilidade sostible coa que poderemos crear unha verdadeira rede de tren de proximidade no país.

Cremos que é imprescindible conectar as nosas cidades e vilas por tren dunha forma efectiva para que este medio poda ser unha alternativa viable ao automóbil. Moito nos tememos que, agora mesmo, non é posible. Por isto, comprometémonos coa creación dunha rede que cubra as comarcas do rural e conecte as principais áreas urbanas como Coruña-Ferrol ou Pontevedra-Vigo. Para que o tren poda ter futuro e ser unha alternativa ao transporte en coche precisamos ter horarios cadenciados que aseguren que podamos ir e volver no día aos nosos destinos dentro do país.

Por exemplo, percorrer os 69 quilómetros que separan A Coruña e Ferrol leva unha hora e vinte minutos. Entendemos a quen beneficia este desleixo: solamente a Audasa, concesionaria dos peaxes de autoestradas, que cobra 4,85 polo traxecto a cada usuaria. Debemos terminar con esta situación na que a administración autonómica beneficia á empresas por riba do ben común e da sostenibilidade: o tren ten que poder ser unha alternativa de futuro para todas as que precisen desprazarse.

Se a situación do tren nas franxa atlántica está moi lonxe de ser boa, cando falamos do interior do país e das áreas rurais somos realmente conscientes de todo o traballo que temos que acometer a nivel autonómico. Traballo que o Partido Popular non fixo no pasado e que fai que, agora, non teñamos máis alternativa que desprazarnos en medios contaminantes a altos prezos.

O tren ten que ser relevante tamén no eido do transporte de mercadorías, sector que precisamos descarbonizar de xeito urxente. O tren sería unha forma eficiente de reverter esta tendencia polo que entendemos que as inversións que se fagan neste medio de transporte non se poden dedicar soamente á alta velocidade deixando de lado todos os outros ámbitos cunha perspectiva incriblemente urbano céntrica e meramente turística.

Comments are closed.