Precisamos un modelo alimentario compatible co benestar animal

Consideramos que o rebrote asociado a un matadoiro industrial en Alemania é unha mostra do que precisamente non se debe facer se se quere protexer o benestar animal, as persoas e o medio.

A empresa na que xurdiu o rebrote é un perfecto exemplo da industra cárnica. Este modelo industrial é incompatible cos dereitos dos animais. Convirte aos animais en materia prima de baixo coste ou en maquinas xeradoras de alimentos. Privan aos seres vivos de luz, aire e prexudican ao seu sistema inmunitario. Os animais teñen unha existencia curta e dolorosa.

Por outra banda, moitas das 7000 traballadoras deste matadoiro teñen unhas condiciones moi precarias. Se trata de persoas migrantes que compartían instalacións comunais, salarios moi deficientes e contratos moi temporais, mesmo con sub-contratacións por horas.

O matadoiro alemán é ademais mostra dun sector totalmente insostible. A gandeiría industrial destrúe o medio sendo responsable dun 8% das emisións de gases de efecto invernadoiro en España. Fai un uso demasiado intensivo da auga e concentra os beneficios nunhas poucas empresas.

Dende EQUO Galicia apoiamos o modelo da gandeiría extensiva, a produción local e na eliminación ou redución do consumo de carne, que nunca debería provir da industria cárnica intensiva senón dun modelo máis respectuoso cos animais e con cooperativas locais e ecolóxicas.

Comments are closed.