Porque precisamos a túa axuda: Faite Apoderada!

Logo Apodérate!

Como xa sabedes, este domingo 25 de maio celébranse as Eleccións Europeas e faise imprescindible a presenza de xente de EQUO Galicia en todas as Mesas Electorais que poidamos cubrir. Temos que ser moi visibles nesta importante xornada.

É moi importante que durante todo o día se nos vexa nos Colexios electorais, polas mesas, nas portas, e controlando que as nosas papeletas estean no seu sitio.

Por iso, facemos un chamamento pedindo, unha vez máis, a túa colaboración.

Todo o que tes que facer é cubrir este cuestionario e mandarémosche por correo electrónico a información necesaria para levar a cabo a tarefa e xa vemos como facerche chegar a correspondente acreditación. Ademais, obterás unha bonita EQUO-camiseta de regalo pola túa axuda.

Grazas coma sempre polo voso apoio.

Apertas,
EQUO Galicia

Deixa unha resposta