Por unha xustiza interxeneracional verde

Estes días vemos como moitas veces se quere pasar por riba do benestar común e da protección dos máis fraxis ante o COVID19. Temos visto, nomeadamente en EEUU, que hai gobernantes que poñen a reactivación económica por riba das vidas humanas, especialmente das persoas de idade avanzada.
 
Non debemos permitir que estas mensaxes callen. Temos que estar á altura das circunstancias xa que as sociedades se miden polo trato que dan aos seus membros máis vulnerables. Non se trata de solidariedade senón de xustiza.
 
Esa é a mesma xustiza interxeneracional que ten que gobernar as nosas accións nesta crise sanitaria e tamén na crise medioambiental. A primeira ensinanos a non deixar atrás aos nosas avoas e a segunda, a preservar o noso entorno para que poda ser desfrutado tamén polas nosas fillas.
 
Precisamos políticas públicas que garantan os coidados á nosa especie pero que tamén preserven ecosistemas sans cunha rica biodiversidade que nos protexa de forma natural de andazos coma este. Estas son as políticas do Ecoloxismo.
 

Comments are closed.