Pegada “virtual” de carteis de EQUO Pontevedra en Vigo

EQUO Galicia aposta por un inicio de campaña austero e ecolóxico substituíndo a pegada de carteis que habitualmente realizan todos os partidos o día de comezo da campaña por unha pegada “virtual” que consiste nunha proxección dos carteis sobre a fachada dalgún edificio emblemático da cidade.Pegada virtual de carteis en Vigo

Con este acto simbólico EQUO quere demostrar que se pode levar a cabo unha campaña coherente e sen dilapidación de recursos, ao contrario do usual dispendio que se produce nas campañas electorais da maioría de partidos políticos, os cales requiren de millóns de euros para facer publicidade en lugar de presentar propostas á cidadanía.

Pegada virtual de carteis en VigoCon tal motivo, as compañeiras e compañeiros de EQUO Pontevedra fixemos a pegada virtual na fachada da Casa da Cultura, sita na praza da Princesa de Vigo. O acto consistiu na proxección dunha presentación dos principais puntos do manifesto conxunto de Primavera Europea, e que remataba dando a coñecer os carteis electorais que servirán de apoio durente a presente campaña.

Deixa unha resposta