Pasamento Anxo Guerreiro

EQUO GALICIA expresamos as nosas condolencias a súa familia e a toda a Esquerda política polo pasamento de ANXO GUERREIRO – GELUCO-.

Queremos render a nosa homenaxe ao histórico lider da esquerda galega, ANXO GUERREIRO co noso recoñecemento pola loita reivindicativa na busca da Equidade e xustiza social.

Foi un comprometido loitador contra o réxime franquista dende a clandestinidade na busca das liberdades, impulsor da reconciliación democrática e súa importante aportación a política galega como un dos redactores do noso Estatuto de Autonomía e numerosos debates no Parlamento de Galicia.

A Mesa Nacional de EQUO GALICIA, amosamos o noso respecto e recoñecemento a ANXO GUERREIRO como un exemplo da esquerda política galega nos espazos que militou como un digno home bo e xeneroso.