Obradoiro de reciclaxe de papel en Vigo

Benqueridas equamigas e equoamigos:

Teño o pracer de informarvos de que na pasada asemblea do 15M en Vigo foi aprobada a proposta de utilización do seu local, sito en Marques de Valterra, 5, antigo local de Almalgama (ainda está o letreiro) por parte de EQUO Pontevedra. EQUO Pontevedra poderá utilizar ese local para recibir nun horario fixo ás persoas que gosten de coñecer EQUO. Tamén se poderá empregar para realizar xuntanzas semanais do grupo de EQUO Pontevedra en Vigo e comarca, ademáis de asembleas e obradoiros.

Cabe destacar que o local non será so compartido por EQUO, senón que estará aberto a todo tipo de colectivos e partidos que queiran úsalo, sempren que cumpran cós estatutos de uso do local, e coa finalidade de que teñamos contacto directo todas ás organización, colectivos, etc, que loitemos contra ás inxusticias e precariedades que vivimos nestas datas. Ademáis vaise por en marcha a creación dunha cooperativa para poder sufragar os gastos propios do local (non se inclúe o aluguer, xa que é gratuito) entre os colectivos implicados e tamén para coordinar o funcionamento do mesmo.

A modo de inauguración, convocámosvos para un OBRADOIRO DE RECICLAXE DE PAPEL, o vindeiro 28 de abril, ás cinco da tarde. (mapa)

Pola miña parte, como coordinador de EQUO Pontevedra, foi una loita por conseguir este acordo, xa que é necesario que os colectivos que contamos con pouca xente para facer actividades vaiamos da man para lograr os nosos obxetivos comúns, e de seguro que sairán cousas moi positivas.

Un saúdo.

Óscar Milego, coordinaor provincial deEQUO Pontevedra

Deixa unha resposta