Obradoiro: Comunicar para chegar á cidadanía.

O sábado 19 de xaneiro, en Lugo, haberá unha sesión formativa para aprender a comunicarse e adquirir habilidades que nos permitan chegar mellor á cidadanía.

O evento comezará ás 11:00 h. e rematará ás 20:00 h.

Aportación por persoa para sufragar gastos: 10,00 € (dez euros).

Se queres participar ou coñecer máis detalles, escribe a: info@equogalicia.org e dános o teu teléfono. Porémonos en contacto contigo, tamén para compartir coche.

Os detalles da xornada son estes:

Os verdes cada vez fanse máis conscientes da importancia da comunicación. E hai máis militantes que se dan conta que hai certos activistas verdes que están a avanzar polo manexo hábil da linguaxe, a maneira na que constrúen mensaxes, o que facilita que os votantes lles atendan e aprecien máis facilmente as súas propostas e vótenlles.

Neste obradoiro practicaremos esas novas maneiras de comunicar.

Tamén falaremos dos mitos que hai na comunicación política. Mesmo os partidos de esquerdas establecidos non os cuestionan a pesar de que con esa maneira de comunicar só chegan aos seus partidarios.

Este obradoiro está baseado nas derradeiras investigacións sobre como funciona a linguaxe en política. O libro “Non penses nun elefante”, de George Lakoff, é un exemplo coñecido de cómo construír novos xeitos de comunicar para votantes progresistas.

Non é un obradoiro teórico, se non que faremos exercicios e prácticas para que as participantes poidan experimentar por se mesmas esas innovadoras maneiras de influenciar honesta e eficazmente á cidadanía

Contido:

  • Cómo funciona a linguaxe.
  • Principios innovadores da linguaxe; retroalimentación e proalimentación.
  • Fundamentos prácticos da comunicación.
  • Mitos encol da linguaxe e a comunicación.
  • Escoita proactiva, como aprendela.
  • Mensaxes á contra e mensaxes a favor, implicacións no (des)empoderamento.
  • Como as mensaxes afectan (positiva ou negativamente) ao emisor.

Aplicacións:

  • Visibilizarse axeitadamente na sociedade.
  • Comunicar eficazmente o traballo realizado na lexislatura municipal (no goberno ou na oposición)
  • Aprender a achegarse á cidadanía (teña sensibilidade verde ou non).
  • Crear mensaxes que impacten positivamente na veciñanza.
  • Cómo reformular mensaxes para que transmitan máis aos posibles votantes.
  • Cómo facer que a cidadanía se sinta escoitada e, por tanto, máis proclive a votarche.
  • Cómo comunicar mensaxes verdes, para que haxa máis xente que os escoite.

O curso será impartido por Carles Porcel, podedes coñecerlle mellor en: capacitador.info

Comments are closed.