O inicio de campaña de EQUO Pontevedra foi todo un éxito


Socios e simpatizantes de EQUO Pontevedra achegáronse o xoves día 3, case ás 12 da noite, á Praza da Constitución de Vigo para participar no primeiro e histórico inicio de campaña de EQUO Pontevedra.

Comezamos o acto cunhas palabras da nosa número 1, Loli Tobío Sueiro, que agradeceu a todos a súa presencia e realizou un resumo da curta mais intensa traxectoria de EQUO Pontevedra ata o presente.

A continuación, fixemos fotos de tódolos candidatos sostendo o marco que vedes na foto da dereita (podédelas ver no noso Facebook). En vez de facer os carteis tradicionais, fixemos carteis vivintes, que non gastan tanto papel.

Finalmente, pegamos con cinta de embalar a tódolos nosos candidatos á farola da praza e cubrímolos de post-its que recollían as ideas de EQUO. Queriamolos deixar alí postos, pero decatámonos de que (igual) nos fan falla para outros actos da campaña electoral.

One Comment

  1. ¡Que equipazo!!!
    Felicidades polo traballo feito!!

Deixa unha resposta