EQUO Galicia xa é socia colaboradora de Nosa Enerxía S. C. G.

  • A Asemblea Nacional de EQUO Galicia decidiu a adhesión á cooperativa enerxética galega.
  • EQUO Galicia considera que o cambio no modelo enerxético pasa por apoiar este tipo de iniciativas, que antepoñen o ben común aos beneficios económicos.
  • Desde o 12 de febreiro de 2016 EQUO Galicia é Socia Colaboradora de Nosa Enerxía S.C.G.

Na pasada xuntanza da súa Asemblea Nacional, o 23 de xaneiro de 2016, EQUO Galicia decidiu concretar o seu compromiso co cambio do modelo enerxético facéndose socia colaborativa da única cooperativa enerxética galega, Nosa Enerxía S.C.G.. Esta adhesión concretouse o 12 de febreiro, data na que se oficializou a inscrición, unha vez aceptada pola cooperativa.

Nosa Enerxía é unha cooperativa sen ánimo de lucro que leva traballando dende os seus comezos para mudar o modelo enerxético deste país, involucrando á cidadanía para poder levar a cabo este cambio. Son precisamente os principios nos que basea Nosa Enerxía o seu proxecto os que nos levaron a decidir apostar por unha iniciativa que busca a autosuficiencia enerxetica, a comercializacion e produción de enerxia 100% renovable limpas e a toma democrática, horizontal e transparente de decisions.

Así, ademais da aposta irrenunciable pola sustentabilidade enerxética, defendemos tamén un modelo cooperativo e cooperativista como resposta á nosa actual indefension ante un sistema produtivo que antepón a consecución do maximo beneficio ao ben común, alonxándose da cada vez máis necesaria equidade social, económica e medioambiental. Sen dúbida o carácter democrático das cooperativas na toma de decisions é positivo na procura de modelos de negocio o máis éticos posibles.

Logo de Nosa Enerxía S.C.G.

Deixa unha resposta