Non á Incineración, nin en O Irixo nin en ningures

EQUO manifesta o seu apoio ás distintas plataformas de oposición á incineradora e o seu firme rexeitamento á incineración como sistema de xestión dos residuos.
 
Só a reducción na xeración de residuos, a reutilización e recuperación dos recursos e finalmente a reciclaxe, poden solucionar o problema do aumento exponencial da nosa xeración de residuos. Incinerar, ademáis de empeorar o problema de fondo, só o despraza das nosas portas ás nosas fiestras.
 
Image
 
EQUO rexeita a incineración por tóxica, cara, insostible e irracional e amosa o seu firme apoio a todas as plataformas cidadás que se opoñen á instalación dunha incineradora de residuos no Irixo, como rexeita a actual incineradora de SOGAMA en Cerceda.
 
A formación política EQUO considera que incinerar supón aumentar a toxicidade dun problema e intentar agachalo baixo a alfombra en lugar de solucionar dito problema.
 
Manipulando os datos selectivamente, a Xunta pretende vender ante a opinión pública a incineración como alternativa a os vertedoiros, ocultando que un 30% dos residuos incinerados se converten en cinzas catalogadas como residuos tóxicos e perigosos que precisan dun vertedoiro de seguridade e o resto convertese en gases contaminantes que se expanden de xeito incontrolado.
 
A Xunta oculta que, ademáis de Dioxinas, Bifenilos Policlorados, Hidrocarburos Aromáticos Policíclicos, metais pesados como Chumbo, Cadmio e Mercurio, Furanos (os axentes químicos de maior toxicidade coñecida), o problema máis grave é que nin sequera se coñece nin o 25% dos novos productos de síntese química que se emiten a atmosfera no proceso de incineración nin a súa toxicidade.
 
Os efectos directos sobre a saúde da poboación e do entorno destas instalacións levan sendo denunciados desde fai décadas por colectivos de profesionais da sanidade de todos os países donde se construiron incineradoras.
 
Do mesmo xeito ensalzan as presuntas vantaxes da xeración enerxética derivada da incineración sin aportar o dato determinante do combustible fósil (gas natural ou gasoil) necesario para o proceso de incineración, para agochar que no balance final a enerxía producida non cubre nin a terceira parte da enerxía consumida.
 
En contra da lóxica máis elemental, que situaría a planta o máis cerca posible de onde se producira a maior cantidade de residuos, a Xunta aposta por un pequeno Concello con pouca e dispersa poboación priorizando o intento de minimizar a oposición popular a cambio dun incremento exponencial do coste ecolóxico e económico da incineradora.
 
Cunha actitude mesquiña, a Xunta aprovéita o contexto de crise económica para vender a planta coma unha fantástica oferta de inversións e postos de traballo nunha zona deprimida, nun intento de comprar vontades a costa da saúde da poboación e a sosteñibilidade do entorno, esquecendo que unha instalación volcada no reciclaxe, a producción de compostaxe e o tratamento sostible dos residuos xeraría máis postos de traballo e evitaría os males engadidos.
 
—————-
 
Para máis información, contacta con Oscar Milego, 605270606 
Se queres porte en contacto con EQUO podes escribir a equopontevedra@proyectoequo.org ou equoourense@proyectoequo.org.

2 Comments

  1. Grazas, lévome isto para o meu blogue. Apertas…

  2. Pingback: Multitudinaria manifestación no Irixo para dicir: NON Á INCINERACIÓN | EQUO Pontevedra

Deixa unha resposta