Lumes en Valencia

Di o refraneiro popular, <<cando as barbas do teu veciño vexas cortar…>>

Os lumes que están a acontecer estes días en Valencia, coa queima dunha superficie superior aos 50.000 campos de fútbol (superficie estándar de medida nacional) debe facernos reflexionar sobre o que está a acontecer en Galicia coa aprobación da nova Lei de Montes e a redución e privatización dos servizos de loita contra o lume. A nova lei reduce as medidas de seguridade que se debían de manter con respecto a urbanizacións e edificacións para evitalos lumes. Tamén busca favorece-lo cultivo de especies pirófitas de crecemento rápido e o consecuente perigo de incendio e o esquilme da materia orgánica dos montes, o que favorecerá os lumes e os arrastres, contaminación de auga e inundacións que veñen logo destes, ademais da redución da auga dispoñible nos pozos e regatos aumentando os efectos das secas. A privatización dos servizos de loita contra o lume vai diminuír a calidade dos medios dos que estes dispoñen, provocar enormes diferencias salariais entre contratados públicos e privados, aumentar a descoordinación ao aumentar a múltiple procedencia de brigadas e equipos e tamén a redución directa de medios, o que pode provocar desgrazas frecuentes en canto “mellore” o tempo.

Deixa unha resposta