Información

Benqueridas persoas afiliadas e simpatizantes:

Comprácenos invitarvos á celebración do I Congreso de Equo Galicia que terá lugar os próximos días 15 e 16 de xuño no Monte do Gozo (“Sala Multiusos” e “Biblioteca”, parte alta do complexo, ó lado da Cafetería), en Santiago de Compostela.Cartel I Congreso de EQUO Galicia

A finalidade deste evento é o encontro de tódalas persoas interesadas nas ideas de Equo que queiran participar no debate político. Equo Galicia quere fixar unha liña política de actuación coa opinión de todos vós para contribuír ó cambio de modelo social, para conseguir as metas de equidade social, a democracia participativa e a ecoloxía política. Por isto, animámosvos a participar activamente e aportar as vosas ideas nun traballo conxunto así como facer unha achega do mesmo a outras persoas que poidan estar interesadas para que veñan e coñezan os valores e principios de Equo.

Contaremos coa presenza do coportavoz federal de Equo, D. Juan López de Uralde(confirmado) ademais de cos voceiros de AGE, D. Xosé Manuel Beiras e Da. Yolanda Díaz (por confirmar). Tamén co portavoz de Espazo Ecosocialista, D. Manuel Dios (por confirmar).

Para o traballo conxunto existen catro “laboratorios de ideas” nos que podedes participar:

  • Economía e sociedade.
  • Dereitos e democracia.
  • Sustentabilidade medioambiental.
  • Comunicación interna e externa.

Haberá outros encontros para a participación como un debate sobre as eleccións europeas e unha charla-coloquio sobre a Rede Equo Xove e unha eventual charla sobre mulleres (neste último caso si hai persoas que queiran organizala).

No aspecto orgánico:

  • Presentación dos Estatutos de Equo Galicia.
  • Presentación da Comisión Executiva.
  • Asemblea de tódolos afiliados e simpatizantes para a elección dos representantes comarcais na Mesa Nacional.

Para acudir ó Congreso é aconsellable facer unha Inscrición previa cumprimentando este formulario.

Isto facilitará enormemente o traballo da comisión organizadora a efectos de estimar a asistencia. Aínda así, todos aqueles que non fixeran a inscrición previa poden acudir o mesmo día do Congreso para facerlle a súa acreditación. O prazo de recollida de acreditacións terá lugar o sábado de 9 a 9:30h nunha Mesa na entrada posta para tal fin.

 Ti es Equo, xuntos somos máis EQUO! Esperámosvos para seguir medrando

Unha aperta.

 

Deixa unha resposta