¡Inauguramos o blog de EQUO Pontevedra!

¡Benvidos ó blog de EQUO Pontevedra!

¡A menos dun mes das eleccións, en EQUO Pontevedra estamos cada día máis ocupados e máis contentos! Conseguimos avais de sobra para poder presentar a candidatura na nosa provincia, temos unha estupenda lista de candidatas e candidatos, e cada día son máis os que se van sumando ó grupo para axudar coa pre-campaña e a campaña para o 20N.

Para o 20N… ¡e máis alá! Sabemos que estas eleccións xerais son só o principio… ¡Estamos aquí para quedarnos! Como xa dixo Juantxo López de Uralde, “non somos un partido en busca de votantes, somos uns votantes construíndo un partido”.

Nós sabemos que EQUO é o que lle facía falla á política española… ¿e ti?

O noso blog aínda está en construcción, pero mentres tanto, podedes ir botando un ollo a outras cousas:

Páxina oficial de EQUO: http://www.equova.org/

Programa Electoral EQUO (en castelán)

Resumen Programa Electoral EQUO (en castelán)

2 Comments

  1. Noraboa! Esto marcha! Gracias Xiana e Angel polo traballo. ¿Difundimos xa?

Deixa unha resposta