II Asemblea do Movemento Social de Ferrolterra

Convocatoria da
II Asemblea do Movemento Social de Ferrolterra en apoio de
Alternativa Galega de Esquerda


O pasado 28 de setembro, o Centro Cívico Carvalho Calero, acollía a celebración dunha asemblea de cidadáns e cidadás, activistas do movemento social de Ferrolterra, en apoio á candidatura de Alternativa Galega de Esquerda.

Como resultado desta asemblea, asinábase un manifesto onde, ademáis de amosar as razóns deste apoio, a propia asemblea convertíase en sentinela do mandato popular.

Criábase así un espazo de reflexión e activismo político, fora das estruturas das organizacións políticas, de participación directa da cidadanía e confluencia das distintas opcións e visións que apoian a Alternativa Galega de Esquerda.

As persoas abaixo asinantes, que participamos nesta primeira Asemblea, tomamos a iniciativa de convocar unha segunda Asemblea no Auditorio da Praza de Galicia do Concello de Narón (situado na mesma praza onde está o Centro de Saúde, a mesma Casa do Concello e enriba dun centro comercial), para o venres 2 de novembro ás 20hs, coa seguinte orde do día:

  1. Análise dos resultados electorais e perspectivas de futuro.
  2. A  Folga Xeral o 14 de novembro.
  3. Propostas de auto-organización da Asemblea do Movemento Social.

En Ferrol, a  27 de outubro do 2012

Asinan esta convocatoria:  Rafael Pillado, Lupe Ces, Suso Díaz, Elena Casal, César Pena, Lucia Vizoso, Miguel López, Suso Pazos, Lalán, Alexandre Carrodeguas, André M. Ces, Daniel A. Martínez, Marcelo R. Serantes, Pablo Portero, Paula Meizoso, Inácio Martínez, …

Deixa unha resposta