Galicia, mellor sen touradas

Deseño de EQUO Galicia: A tortura non é cultura
Onte, domingo 4 de agosto de 2013, unha manisfestación organizada pola plataforma Galicia, Mellor sen Touradas (GMST) percorreu as rúas Real e Rego de Auga da Coruña no seu traxecto desde o Obelisco ata a Praza María Pita, onde se procedeu á lectura de varios manifestos diante do Concello.

A manifestación, que se fixo coincidir nas datas da feira taurina da Coruña, que o concello segue coa teima de incluír ano tras ano nas Festas de María Pita (primeiro co PSOE e agora co PP no goberno municipal), contou cunhas 2000 persoas segundo a organización (curiosamente os números oficiais da Policía Local parece que falan só de 200 persoas, cifra sorprendentemente baixa para os que alí estabamos), nas que se incluían membros de varias plataformas e organizacións cidadás, así como tamén varios partidos políticos,  EQUO Galicia entre eles. Nesta ligazón tedes a nova en europapress, con declaracións de Rubén Pérez Sueiras (Voceiro de GMST) e Daniel Díaz Grandío (Co-voceiro de EQUO Coruña-Bisbarra):

http://www.europapress.es/galicia/noticia-manifestacion-coruna-pide-abolicion-corridas-toros-fin-financiacion-publica-20130804162257.html

As próximas accións dos colectivos galegos anti-taurinos trasládanse a Pontevedra:

  • Sábado 10 en Pontevedra: cadea humana que rodeará a praza de touros, ás 11:30 organizada por “Igualdad Animal / Animal Equality”
  • Sábado 10 en Pontevedra: manifestación ás 8 da tarde na Peregrina, organizada por “Touradas fóra de Pontevedra”

Aquí tedes algunhas fotos. Graciñas a Maqui (José Luis Maquieira) por cedernos amablemente as súas fotografías do evento!

One Comment

  1. María José Durán Domínguez

    Por certo, falouse ao final da ILP que se está a promover en contra da declaración dos touros como Festa de interese cultural. Tedes máis información aquí http://www.panytoros.es/

Deixa unha resposta