Colabora con nós!

En VERDES EQUO Galicia precisámoste para seguir medrando!

Queres vincularte a VERDES EQUO Galicia?

Se queres mostrar a túa simpatía por VERDES EQUO e pola nosa forma de traballar podes inscribirte como simpatizante  na web: http://unete.partidoequo.es

Se queres ter un vínculo máis estreito  con VERDES EQUO Galicia, segue esta ligazón para afiliarte ao partidohttp://unete.partidoequo.es

Coas dúas formas terás acceso á Equomunidade (foro de debate e traballo interno).

Queres axudar pero aínda non sabes como?

Se queres colaborar e  prefires comezar a túa relación con VERDES EQUO sumando o teu tempo, escríbenos a  info@equogalicia.org e indica que sabes facer ou en que áreas che gustaría comezar a colaborar: organización/coordinación de actividades, tarefas de comunicación, temas específicos de medio ambiente, enerxía, economía, dereito, etc.

Non é necesario que teñas unha grande experiencia (nin que sexas simpatizante ou afiliada), chéganos coas túas ganas de axudar!

 

Queres botar unha man, pero non tes tempo?

Se queres colaborar, pero non tes tempo para compartir, podes facer unha aportación económica nesta ligazón: Doazón a VERDES EQUO Galicia.

Sexa cal sexa a opción que elixas para colaborar, moitas grazas!