Fondos FEDER para destruír a REDE Natura 2000

O modelo do ladrillo non ten fin.

EQUO Galicia vén de visitar unhas obras de “urbanización” en plena REDE Natura 2000 que concretamente afectan á superficie LIC, ZEPA e ZEC.

Baixo o pretexto de “fomento da mobilidade sostible”,  na parroquia de Noalla, nunha inspección de campo  observamos a simple vista o aplanamento, escavación e eliminación de rochas naturais con maquinaria pesada levado a cabo pola Xunta de Galicia e co beneplácito da comunidade de montes de Noalla, moi proactiva no cambio de trazado debido a certos intereses inmobiliarios.

Obras destruíndo REDE Natura

Obras de aplanamento e urbanización destruíndo REDE Natura

Os primeiros proxectos contemplaban, un trazado alternativo que desviaba a estrada PO-308 pola rúa A lanzada, que evitaba a zona protexida, para logo volver a conectarse á mesma estrada PO-308, no seguinte cruce. Isto permitiría recuperar o espazo natural na súa maioría. Tamén  facelo so de uso peonil para o desfrute de toda a veciñanaza e para devolver os valores naturais desta zona natural da REDE Natura, eliminando da primeira liña de costa o asfalto e o acceso a vehículos, que hoxe en día estacionan enriba do complexo dunar. Sería moi fácil neste proxecto eliminar todas as estradas da zona da Rede Natura.

Plano de Noalla, Sanxenxo

A zona verde é a zona delimitada como Rede Natura 2000

A obra non se parece en nada aos primeiros proxectos para a zona.

Pero ao longo de sucesivas modificacións, o trazado volveu ao seu estado actual, sen impedimento da oficina de medio ambiente da Xunta de Pontevedra.  Lembremos que se encarga da supervisión e control da rede Natura. Segundo conversación telefónica estase facendo para “regularizar o descontrol de trafico e coches que había nesa zona”. En vez de protexer a as dunas invadidas prohibindo o paso con bolardos ou pedras, realizan unha obra maior para facer aparcamentos.

Fondos FEDER

As obras son financiadas por fondos europeos FEDER e autorizados pola XUNTA.

A Xunta e a construtora Taboada y Ramos son os únicos que teñen o proxecto definitivo. O  concello afirmounos que non lle foron entregadas as últimas modificacións do mesmo. Lembremos que neste proceso o concello está de convidado de pedra e, segundo eles, non poden facer nada ao tratarse dun proxecto autonómico executado pola axencia galega de infraestruturas. Non se atopa información sobre o mesmo na páxina da Xunta ou na inexistente web de xunta da Axencia Galega de Infraestruturas.

Destrucción da formación rocosa do con de cormorán.

Destrucción da formación rocosa do con de cormorán. so deixaron a pedra principal.

Achegamos fotografías onde se aprecian as obras feitas. Pódese observar como se están a facer actuacións moi agresivas nunha parcela de espazo protexido de detrás do “con do cormorán”. Estas obras non aparecen en ningún dos proxectos consultados, nos que só se contemplan as obras nas beirarrúas da PO-308.

Fondos FEDER para destruir a rede natura.

Un dos proxectos previos non que a destrucción é menor.

Tamén achegamos unha imaxe do proxecto onde se pode ver que esta parcela non entra dentro da formulación inicial.

Desde EQUO Galicia reivindicamos :

Desviar a estrada PO-308 pola rúa A Lanzada.

Prohibir a entrada de vehículos a toda esa zona. Só permitir o acceso a pé ás praias mediante sendas sinalizadas.

Recuperar o espazo costeiro/dunar e instalar exclusivamente pasarelas de madeira sobre pivotes para deixar a libre circulación da area arrastrada polo vento e a recuperación natural da zona.

Integrar as construcións actuais no entorno con medidas correctoras (pantallas vexetais, eliminación de construcións obsoletas, etc.)

Prohibir calquera tipo de nova construción ou cambio de usos do chan nesa area protexida.

Pedir explicacións á Delegación de medio ambiente de Pontevedra sobre os motivos para permitir tremenda desfeita en rede Natura.

Por todo isto BUSCAMOS APOIOS para poder deter esta barbaridade antes de que as obras continúen “humanizando” e asfaltando unha zona facilmente recuperable

Fondos FEDER para destruír a REDE Natura 2000

Fondos FEDER para destruír a REDE Natura 2000

Deixa unha resposta