Florent Marcellesi visita Galicia o xoves 22

Florent Marcellesi, candidato de EQUO ás Eleccións Europeas 2014 visita Vigo o vindeiro xoves 22 de maio para reunirse con diversos colectivos sociais e coa afiliación e simpatizantes de EQUO Galicia na recta final da campaña electoral.

Co gallo da visita de Florent Marcellesi, EQUO Galicia organiza o xoves 22 diversos actos na cidade olívica.

Florent Marcellesi comparte liderado da coalición Primavera Europea co candidato de Compromis, Jordi Sebastiá. (Adxuntamos biografía de Florent Marcellesi noutro arquivo)

Primavera Europea é unha coalición formada polos seguintes partidos: Compromis, EQUO, Chunta Aragonesista, Democracia Participativa, Por un Mundo Más Justo (PUM+J), Partido Castellano, Coalición Caballas de Ceuta, Socialistas Independientes de Extremadura (SIEX), Socialistas por Tenerife e Demos +.

Dende EQUO Pontevedra, como grupo territorial organizador dos actos que imos facer este día en Vigo, queremos convidarvos a pasar a xornada con nós nos diversos actos que temos programados.

Ás 10.00h: Almorzo coa prensa, que terá lugar na Casa Galega da Cultura, sita na Praza da Princesa, Vigo.

Ás 11.30h: Mesa sobre economía alternativa e verde, que terá lugar na Casa Galega da Cultura de Vigo, sita na Praza da Princesa, e coa participación de Coop 57 (Miguel Quinteiro), RSP Vigo (Rede de Solidariedade Popular), ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común).

Ás 16.00h: Micrófono aberto con Florent, na rúa Príncipe, diante do MARCO. Estamos buscando un local cuberto debido as previsións meteorolóxicas.

Florent Marcellesi

Estes actos servirán de presentación do noso candidato, xa que é a primeira vez que Florent visita Galicia para un acto político, e para coñecer as diferentes demandas e dar a coñecer as nosas propostas, non só para Europa na coalición Primavera Europea, senón tamén as que defendemos como partido para un futuro máis xusto, equitativo e ecolóxico.

Anótate no evento de facebook para estar ao tanto das posibles modificiacións do programa.

Deixa unha resposta