Feministas e orgullosas

Indignación. Ese é o sentimento que experimentamos cando escoitamos que dicir “Viva o 8M” é igual a dicir “Viva a morte”. Non aturamos a lectura interesada que ven facendo a extrema dereita no contexto español. Lectura que non pretende máis que estigmatizar ao feminismo e culpabilizar ás persoas que acudiron a unha chamada para a que existían moitos máis motivos que para outras actividades multitudinarias que ocorreron na mesma data.

O movemento feminista lles molesta xa que estaba acadando consensos sociais nos que a violencia sexual, a brecha salarial ou moitas outras inxustizas estaban sendo denunciadas ante a opinión publica. O feminismo está gañando esa batalla e iso lles molesta porque saben que non poden convencer coa palabra ou con argumentos. Esa batalla ideolóxica teñena perdida. Buscan entón, culpabilizar e enfangar a imaxe do 8M.

Queren desacreditar a todo un movemento pola igualdade e a xustiza suxerindo que a manifestación do 8M provocou os contaxios e agravou a pandemia no Estado. Nós pensamos que, evidentemente, non foi o feminismo. Foron os recortes e a precariedade das traballadoras sanitarias e nos coidados.

Non permitiremos que continúen a desprestixiar o que é de xustiza. Non lle deixaremos que continúen a desdibuxar a cor violeta e a apropiarse a cor verde.

Comments are closed.