Feminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loita.

Co motivo do Día Internacional das Mulleres, desde EQUO Galicia queremos amosar o noso apoio ao Movemento Feminista galego, e de todo o mundo, por todo o traballo que realiza os 365 días do ano na loita pola igualdade de Dereitos. E, por iso,  sumámonos ao chamamento para asistir á Manifestación Nacional do día 8 de marzo en Compostela que sairá ás 12 do mediodía da estación de ferrocarril baixo o lema “Feminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loita”.

2015-maniUnitaria8marzoCompostelaCompartimos convosco o manifesto que se leerá trala mobilización:

“Hoxe, 8 de Marzo, as mulleres galegas non quedamos caladas ante a discriminación. Alzamos a nosa voz para reinvindicar os dereitos que, dende sempre, unha sociedade patriarcal na que
vivimos nos nega.

De novo ocupamos xuntas as rúas, para amosar que seguimos
e seguiremos unidas na loita polos nosos dereitos, para acadar plena autonomía e liberdade, para conseguir unha cidadanía que non teña que ver coas imposicións normativas ou cos
estereotipos que actualmente nos encorsetan.

Xuntas denunciamos o brutal retroceso dos dereitos laborais. O ano 201 4 foi pésimo en materia de emprego; outro máis caracterizado pola perda de emprego feminino e polo intenso
deterioro das condicións laborais das que aínda manteñen o seu posto de traballo. Un proceso de destrucción de emprego que supón que nos últimos 5 anos se perderon en Galiza
50.900 postos ocupados por mulleres.

Na mesma liña dos anos anteriores, o emprego a tempo parcial obrigado e non escollido, aumentou nas mulleres. Hoxe en Galiza unha de cada catro mulleres ten un contrato, salario e
futuras prestacións parciais. Este dato é especialmente grave nas mulleres máis novas, ás que o goberno deste país ofrece dúas saídas: a emigración ou unha vida marcada pola
temporalidade e a parcialidade.

Vidas parciais, recortadas, precarias, mulleres que abandonan a expectativa de atopar un emprego despois de anos agardando un traballo nun mercado cada vez máis masculino,
onde as mulleres e toda a carga asociada a maternidade e os coidados, considéranse un “problema de producción”. Fenda salarial, recortes de prestacións, de servizos e de garantías
sociais, de dereitos sexuais e reprodutivos, constitúen un modelo de sociedade onde a desigualdade aumenta entre ricos e pobres e entre mulleres e homes.

Hoxe, 8 de marzo, tamén xuntas, denunciamos a progresiva privatización e os recortes nos servizos públicos: sanidade, educación, servizos sociais e atención á dependencia que
repercuten nas familias e nos sobrecargan as mulleres. E os continuos ataques ás políticas de igualdade impedíndonos o exercicio dunha sexualidade libre e diversa e limitando ós
servizos e as axudas para a erradicación das violencias machistas.

Por isto, reclamamos un Estado Laico e unha educación afectivo-sexual non determinista e igualitaria que garantan o libre desenvolvemento das nosas identidades e o
incuestionable dereito a decidir sobre os nosos corpos, sexualidade e maternidade, sendo obrigación do Estado.

Esta avalancha de recortes económicos, políticas de axuste e restrición de dereitos son unicamente unha escusa para dar reforzo e fixación cada vez máis o patriarcado, froito dun
sistema capitalista de absoluta dominación masculina que se apropia dos nosos corpos e das nosas vidas, os somete, explota e controla.

Cada ano incrementase o número de mulleres que sufrimos esta violencia nas súas expresións máis extremas, o maltrato, a violación, o asasinato. Cada vez é máis necesario o compromiso de toda a sociedade coa loita feminista e a garantía por parte dos poderes públicos dunha vida libre de tódalas violencias machistas.

Os cambios impulsados e as vitorias logradas polo movemento feminista permitironaunha maior participación da muller no ámbito social, laboral, político, económico, cultural; romperon coa discriminación e exclusión; espertaron o silencio e alzaron a voz ante a inxustiza.

Pero aínda queda moito camiño por percorrer, un camiño con moitos obstáculos, que comprometémonos a percorrer xuntas esixindo os nosos dereitos. Dereitos que teñen que ser
respetados, defendidos e garantidos para todas as mulleres do mundo como parte integrante e indivisible dos Dereitos Humanos.

Hoxe, 8 de marzo, denunciamos o trato que os Gobernos do PP dan ás políticas de igualdade, limitando os nosos dereitos e decidindo sobre o noso corpo. A publicidade que segue
promocionando ao sexismo; a violencia machista, que afoga, condiciona, limita, oprime e mata.

Loitemos e avancemos na igualdade de oportunidades, participación e toma de decisións, rompamos cos falsos estereotipos que relegan a muller a un papel secundario, reivindiquemos os nosos dereitos e non demos nin un paso atrás en políticas de protección e promoción.

Non calarán os nosos berros de loita, seguiremos en pé con máis forza ca nunca.

Feminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loita!

8marzo-plantillaOFv2

 

Deixa unha resposta