Falamos con Pablo

Pablo Otero Otero, afiliado de EQUO Galicia, é candidato por Alternativa Galega de Esquerda pola provincia da Coruña.

Que pensa EQUO desta crise?

O que pensamos desde EQUO  é que non se fixo una diagnose correcta da orixe desta crise. Foi creada, sobre todo, polos organismos internacionais (tamén os de aquí) que liberalizaron e desregularon o sistema financieiro.A raíz diso, o resto xa o sabemos; especulacións, inversión nun modelo productivo equivocado… O modelo económico que tivemos (e temos aínda) en España non é sustentable. Aquí levamos anos facendo do turismo e da construcción a base da nosa economía. Os que estaban antes non fixeron nada para acabar con iso. Os de agora, seguen a potencialo. E mentres, clases medias e baixas ven cómo lles baixan os soldos, súbenlle os impostos mentras que os recurtes en educación, sanidade e dependencia desmantelan ao Estado de Benestar.

Como saimos da crise?

O saída será verde ou non será. Temos que apostar por un modelo sustentable económica e socialmente. Potencialos empregos verdes, apostar polas enerxías renovables, por un sector primario sustentable e a potenciación do Estado de benestar. En EQUO apostamos por un New Green Deal, por un regulamento do sistema financieiro, un sistema impositivo progresivo e una industria adaptada aos recursos naturais.

Por que EQUO vai en coalición Alternativa Galega de Esquerda?

Estas eleccións non són como a outras. Temos  o PP con maioría absoluta en todas as institucións. Gobernan na mayoría dos concellos, en tres deputacións, na Xunta de Galicia e o Goberno central. Mesmo en Europa a maioría dos gobernos son conservadores. Estamos nunha situación extrema, e temos que responder de forma excepcional. A esquerda ten que estar unida se queremos facerlles fronte ao PP. Hai que paralos.

Non lles preocupa que se lles tache de independentistas ou de comunistas?

Neste país non temos todavía cultura de pactos. Pero estamos condenados a entendernos. Hai moitas máis cousas que unen a EQUO coas demáis forzas que as que nos separan. É un risco, temos que explicalo e niso estamos.

As veces parece que lles preocupan máis os icebergs que as persoas coa que está caendo….

EQUO é moito máis que os icebergs, as baleas e as árbores. EQUO ten tres eixos principais; ecoloxía, economía sustentable e a equidade social. A nosa bandeira tamén é a participación da cidadanía e a rexeneración. Cremos na política, pero noutros políticos.

Eso do New Green Deal non é unha utopía?

Non. É un conxunto de propostas para cambiar o modelo productivo. O Green New Deal é un conxunto de reformas encaminadas á reducción paulatina da pegada ecolóxica e cara una economía baixa en carbono. Busca novas formas de producción e consumo, outro modelo enerxético e de transporte, e una nova maneira de traballar e habitar nas ciudades e no rural. Estas propostas requiren dun cambio no sistema financiero europeo e internacional, propoñen unha reforma fiscal e estimulan a investigación científica e a creatividade industrial cara unha economía verde, dacordo coas necesidades reales da sociedade e os límites da biosfera.

Non cree que a xente pode pensar que son boas persoas, ben intencionadas pero que o que a xente necesita agora é traballo?

E iso propoñemos. As nosas propostas pasan por un cambio do modelo productivo. Os empregos verdes son estables e dignos. Podemos facer empregos verdes no sector primario, no enerxético… Poderíanse crear moitos empregos se as administracións apostasen pola pesca sustentable, pola movilidade, a recuperación dos residuos, a rehabilitación urbana, a comercialización local (cooperativas, eco mercados, eco tendas..) Apostamos tamén pola actividade cultural e os sectores que a desenvolven, pola recuperación do patrimonio…

Nesta coalición vostedes van moi mal posicionados, pensan que poden aportar algo?

Non hai que negar que somos un partido novo, pequeno todavía. Dende o primeiro momento quixemos participar nunha fronte ampla de esquerdas co fin de botar ao PP. A nosa preocupación e ilusionar á xente e explicarlles o que nos xogamos nesta eleccións. Iso é máis importante que os postos nunha papeleta. O importante son as ideas e un programa común.  A xente está farta do PP e non encontra nos outros partidos solución aos seus problemas. Imos ser a sorpresa e imos levar ao parlamento á voz da maioría dos cidadáns.

Parece que o resultado será ou ben goberno do PP ou ben de 3, 4 o 5 partidos. Non lle parece que esto pode ser un despiporre político?

Neste país non hai todavía una cultura do pacto coma no resto de Europa. Iso é froito de que non é moi común as coalicións de gobenro no Goberno da Xunta ou no central. Isto ten que cambiar. A esquerda é plural, a cidadanía é plural. Poden funcionar perfectamente os pactos. A xente quere solucións e políticos que non den problemas. Iso depende dos políticos e se os que ata agora non funcionaron, o que temos que facer é cambiar aos políticos, non rachar cos entendementos.

Para rematar, dígame por que milita en EQUO

Formo parte de EQUO dende hai pouco. Seguín dende o primeiro día o nacemento de EQUO e participei nas primeiras reunións na Coruña e Santiago antes das Xerais. Hai pouco din o paso e empecei a colaborar de forma máis activa. Comparto todo o ideario e as súas propostas. Non hai outro partido no país coas mesmas propostas. EQUO está formado por xente extraordinaria e una boa relación que non o ten os demáis partidos. Vexo en EQUO un partido que da respostas necesarias e cribles á crise e ao problema en Europa.

BIBLIOGRAFÍA de Pablo Otero

Pablo vive na Coruña e ten 25 anos. Estudiou Adm. e Dirección de Empresas na UDC e en Eslovenia, e especialicouse na Responsabilidade Social Corporativa. Tamén estududiou en Asturias,  e traballou en actividades de fundraising para oenegués.  Actualmente traballa no Departamento de Responsabilidade Social Corporativa dunha empresa textil.

Leva implicado en organizacións xuvenís progresistas máis de dez anos, sobre todo na Universidade (IESGA), sendo representante de estudantes en todos os nivéis. Participou en numerosas actividades do ‘Consejo de la Juventud de España’ (Cumbre Iberoamericana da Auga, Obradoiro de Empoderamento da Muller, Politicas xuvenís…)  Tamén colaborou en asociacións europeístas (AEGEE) e en ONG como voluntario. É socio de WWF, Greenpeace e Solidaridade Internacional. Fala inglés e francés.

 

 

 

One Comment

Deixa unha resposta