Falamos con Loli

Dolores Tobío Sueiro, afiliada de EQUO e candidata de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de Pontevedra.

Como nace EQUO?

Nace do cansancio de moitas persoas que levan anos escoitando promesas baleiras dos partidos tradicionais que sempre terminan deixando as políticas medioambientais na cuneta con excusas vagas.

Por que EQUO vai na coalición Alternativa Galega de Esquerda?

En primeiro lugar porque foi así o que decidiu a Asamblea de EQUO Galicia. En segundo lugar porque agardamos que xuntando forzas poidamos parar as políticas neoliberais que están a sufrir agora tantas familias galegas.

Que pensa EQUO desta crise?

Pensamos que esta non é unha crise financieira como nos fan crer. É unha crise mediambiental e social. O que está en xogo é o Medio Ambiente, afastado máis que nunca de calqueira política actual e os Dereitos Sociais polos que tanto se loitou e que agora están sendo borrados do mapa.

Non lles preocupa que se lles tache de independentistas ou de comunistas?

Non se trata de mostrar as etiquetas que nos poñen: independentistas, comunistas, ecoloxistas… Se non de dar solucións reais á cidadanía. Non se trata de nós se non de que as nosas políticas que defenden a capacidade da cidadanía a decidir sobre os recortes, de asegurar a solvencia dos sistemas públicos de Sanidade e Educación, de que todas as políticas teñan en conta a sustentabilidade medioambiental para garantir o futuro dos nosos recursos, etc. cheguen ao Parlamento.

As veces parece que lles preocupan máis os icebergs que as persoas coa que está caendo…

Todo, absolutamente todo está relacionado máis do que pensamos. As políticas medioambientais están moi ligadas á soberanía alimentaria, e está ligada coa pobreza, e co acceso á Educación e a Sanidade gratuita e universal. O abuso por parte das grandes corporacións está ligada as políticas neoliberais que deixan sen protección ás familias. E, pola contra, as propostas da ecoloxía política non so garanten os nosos dereitos e os dos nosos fillos, senon que crean emprego.

Como se financia EQUO?

EQUO non pide créditos aos bancos, non recibe subvencións públicas, tan so recibe doacións das persoas afiliadas e simpatizantes, para garantir a independencia á hora de tomar decisións desde ás Institucións.

Non cree que a xente pode pensar que son boas persoas, ben intencionadas pero que o que a xente necesita agora é traballo?

Precisamente é un mellor futuro o que as políticas verdes ofrecen. E unha das cousas que inclúe ese futuro é o emprego. Un emprego sustentable vinculado a I+D+i, ás enerxías renovables, á xestión de residuos, á rehabilitación enerxética, á agricultura e gandeiría orgánica. Todos estes sectores en crecemento e con futuro que se están a ignorar, cando non desmantelar, no noso país.

De verdade creen que hai enerxías alternativas baratas? Todo o mundo nos di que non.

Non hai enerxía barata, sexa renovable ou convencional. A enerxía é cara por iso o primeiro é aplicar garantías de consumo responsable para non desperdiciar os recursos finitos que temos. Dito isto, se ti contabilizas todo o que implica producir enerxía: extracción de materias primas, producción da enerxía en si, impacto ambiental, residuos producidos de todo tipo, tratamento destes residuos, etc. as enerxías renovables son as que mellor paradas saen.

Vostedes defenden ós animais pero…e os gandeiros?

O sector gandeiro, coma todos, están vinculados a un modelo de producción infinito que non prima a calidade e o bo facer, senon a cantidade e o beneficio inmediato. O sector gandeiro galego veuse obrigado a entrar nesta dinámica. En EQUO apostamos por sector primario que respete o seu entorno e que axude a estructurar o entorno rural ao tempo que aporta productos de alta calidade. En EQUO cremos que Galicia debería apostar pola agricultura e gandeiría ecolóxica e desterrar para sempre o fantasma dos campos transxénicos.

De onde sacarían vostedes o diñeiro para pagar a sanidade e educación que din non queren recortar?

O reparto dos recursos é cuestión de prioridades, pero está claro que é preciso modificar a fiscalidade aplicando criterios de proporcionalidade e medioambientais. Quen máis ten e quen máis contamine deberá pagar máis. E deixar de endurecer os impostos indirectos que graban do mesmo xeito ás persoas enriquecidas que ás que non teñen nada.

Para rematar, dígame dúas cousas de vostede por favor, primeiro por que está en Equo e en segundo lugar que pode persoalmente aportar á política galega.

Penso que non é tempo de quedar na casa agardando a que outros nos arranxen os problemas. Precisamos unirnos para conseguir o que todos queremos que pase. Por iso naceu EQUO. Eu podo aportar o que outra galega calquera que teña as ideas claras e que teña ganas de que as cousas comecen a cambiar xa, que pensen que outro mundo é posible, un mundo máis xusto que garanta oportunidades para todas.

BIOGRAFÍA de Loli Tobío 

Loli Tobío ten 32 anos. A súa familia é de Pontevedra e Sanxenxo máis ela criouse en Vigo. É arquitecta pola Universidade da Coruña especializada en bioconstrucción.

Colaborou sete anos como voluntaria na ONGD Arquitectos Sen Fronteiras, os últimos nas xuntas directivas de Galicia e a nivel estatal. Declara que cando coñeceu que nacía un movemento político onde equidade social, democracia participativa e ecoloxía política eran os eixos principais, quixo formar parte.

Deixa unha resposta