Falamos con Fe

María Fe Rodríguez Vázquez, afiliada de EQUO Galicia e candidata por Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de Lugo.

 

 

 

 

 

 

Como nace EQUO?

EQUO nace da agrupación de distintas organización  ecoloxistas que deciden por  en marcha un novo proxecto político.

Por que EQUO vai na coalición Alternativa Galega de Esquerda?

Fundamentalmente o obxetivo da coalición é combatir a dereita. EQUO busca ocupar un espazo socio-político para poder cambiar o sistema actual, que non funciona.

Que pensa EQUO desta crise?

Que posiblemente se puidera evitar, si baseáramos a economía na ecoloxía, se fixeramos as enerxías renovables, a biodiversidade… prioritarias.

Non lles preocupa que se lles tache de independentistas ou de comunistas?

Non, en realidade trátase  de defender os dereitos  humanos, a equidade social, xustiza distributiva e o Estado de benestar.

Como se financia EQUO?

Non hai outro tipo de financiación máis que a que podemos aportar as persoas afiliadas e simpatizantes de EQUO.

De verdade creen que hai enerxías alternativas baratas? Todo o mundo nos dí que non.

Non cabe duda que todo nesta vida ten un custo, pero sen dúbida que son máis baratas sobre todo a nivel ambiental.

Vostedes defenden aos animais pero…e aos gandeiros?

Defendo aos animais porque creo que son seres vivos que teñen dereito á vida e a un bo trato.

Defendo aos gandeiros porque forman parte do sector primario cun gran potencial de explotación. O sector primario é a base dunha economía por moito que se empeñen en non velo.

Que propón vostede para o rural galego? Para o problema dos gandeiros do leite?

Dado que o rural  aquí en Galicia non está valorado como debería e poucos son conscientes da riqueza que temos en recursos naturais, promocionaría máis este rural con formación, con alternativas e con visión a longo prazo.

Para rematar, dígame dúas cousas de vostede por favor, primeiro por que está en EQUO e en segundo lugar que pode persoalmente aportar á política galega.

Estou en EQUO porque creo nos principios que defende, porque é un proxecto aberto en democracia onde todos e todas temos voz e voto.

O aporte que se lle pode dar a política galega desde EQUO é tal que podería cambiar o sistema económico.

BIOGRAFÍA de Fe Rodríguez

Axente facultativo medioambiental da Conselleria de Medio Ambiente.
Demostrado está que o sistema político actual non funciona, a mellor maneira de cambialo e acercándose a él.

Deixa unha resposta