NonPechesOsOllos#1: Ciutat Morta

When:
01/08/2014 @ 19:30 – 22:00
2014-08-01T19:30:00+02:00
2014-08-01T22:00:00+02:00
Where:
Ourense
Centro Mandala. Rúa Doutor Marañón
2
Entresolo D
Cost:
De balde
Contact:
EQUO Ourense

O ciclo de filme+coloquio de EQUO Galicia arranca con CIUTAT MORTA

EQUO Galicia organiza este mes de xullo a primeira sesión do seu videoclube NON PECHES OS OLLOS, que cunha cadencia bimestral traerá a distintas vilas de Galicia algunhas mostras do mellor filme comprometido ou de corte documental. As proxeccións, cunha temática que entronca directamente cos tres pilares nos que se basea o proxecto político de EQUO: a equidade social, a ecoloxía política e a radicalidade democrática, acompañaranse cun debate posterior sobre o filme e a actualidade.

Arranca este ciclo co docufilme de recenre factura Ciutat Morta, premiado como mellor documental no último Festival de Málaga. A película aborda os feitos que desembocaron no suicidio de Patricia Heras, tras un caso pouco claro no que se mesturan temas de actualidade como a represión, a exclusión social e o concepto de xentrificación.

Animámoste, pois, ao visionado deste exemplo de cinema documental de denuncia e saques as túas propias conclusións. Tras as primeiras proxeccións na Coruña (mércores 23 de xullo) e Vigo (martes 29 de xullo), facemos agora un pase en Ourense, no Centro Mandala o venres 1 de agosto ás 19:30h. Non a perdas!

Non peches os ollos: Ciutat Morta

Deixa unha resposta