NonPechesOsOllos#1: Ciutat Morta

When:
29/07/2014 @ 20:00 – 22:30
2014-07-29T20:00:00+02:00
2014-07-29T22:30:00+02:00
Where:
Vigo
Café De Catro a Catro
Cost:
Free
Contact:
EQUO Pontevedra

O ciclo de filme+coloquio de EQUO Galicia arranca con CIUTAT MORTA

EQUO Galicia organiza este mes de xullo a primeira sesión do seu videoclube NON PECHES OS OLLOS, que cunha cadencia bimestral traerá a distintas vilas de Galicia algunhas mostras do mellor filme comprometido ou de corte documental. As proxeccións, cunha temática que entronca directamente cos tres pilares nos que se basea o proxecto político de EQUO: a equidade social, a ecoloxía política e a radicalidade democrática, acompañaranse cun debate posterior sobre o filme e a actualidade.

Arranca este ciclo co docufilme de recenre factura Ciutat Morta, premiado como mellor documental no último Festival de Málaga. A película aborda os feitos que desembocaron no suicidio de Patricia Heras, tras un caso pouco claro no que se mesturan temas de actualidade como a represión, a exclusión social e o concepto de xentrificación.

Animámoste, pois, ao visionado deste exemplo de cinema documental de denuncia e saques as túas propias conclusións. As primeiras proxeccións previstas son este mércores 23 de xullo na Coruña, ás 21:30 ao aire libre, nos exteriores do Ambigú Monty, no Papagallo; e o martes 29 en Vigo, ás 20h no café De Catro a Catro.

Non peches os ollos: Ciutat Morta

Deixa unha resposta