Mitin Cidadán no «Día das Letras Galega»

When:
17/05/2014 @ 12:30 – 14:00
2014-05-17T12:30:00+02:00
2014-05-17T14:00:00+02:00
Where:
Lugo
Colegio Público Rosalía de Castro
Calle de Cámbria, 27002 Lugo
España
Contact:
EQUO Lugo

Co gallo do Día das Letras Galegas, este ano adicado ao lucense das terras de Guitiriz Xosé María Díaz Castro, que ademais de pola súa obra poética tamén é coñecido polo seu grande labor como tradutor de varias linguas europeas ao galego e ao castelán, EQUO quere darche a palabra para que expreses o que para ti está sendo e o que tería que ser a nosa Europa.

Porque a POLÍTICA constrúela ti e non as grandes figuras mediáticas.

Todos temos a responsabilidade de facer a Europa que queremos.

Remuíño
Xa se fincou nas pereiras
a primavera. Sentín
o vou-e-non-vou de marzo.
¡Xa no hai piedade pra min!

Pasou rispándome a quina
dun cabalo que non vin.
Brandéuse o ceo de vidro
aló por Ponte-Gafín.

Crebóuse a paz coma un fío
nos dentes fríos de abril.
Perdido no remuíño,
¡xa no hai piedade pra min!

Ti, cabelos de ouro e de aire,
nena, ¿en que ceo te vin?
Chuchoume unha meiga os ollos,
ti xa no es metá de ti.

Torceuse o eixo das cousas,
Toleou folla e raíz,
Moscáronme os soños, caio…
¡Xa no hai piedade pra min!

Pro tralo fume revolto
de todo o que cai, sentín
que Deus andaba a xogar.
¡Inda hai piedade pra min!

Xosé María Díaz Castro (1989)

Deixa unha resposta