Micrófono aberto na rúa

When:
22/05/2014 @ 16:00 – 17:00
2014-05-22T16:00:00+02:00
2014-05-22T17:00:00+02:00
Where:
Vigo
Rúa Príncipe (fronte ao MARCO)
Contact:
EQUO Pontevedra

Florent Marcellesi, candidato de EQUO ás Eleccións Europeas 2014 visita Vigo este xoves 22 de maio para reunirse con diversos colectivos sociais e coa afiliación e simpatizantes de EQUO Galicia na recta final da campaña electoral.

Ás 11 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa), está organizada unha mesa sobre economía alternativa e verde na que participarán varios colectivos sociais, como Coop57, a RSP de Vigo ou a ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común).

Ás 14 horas haberá un xantar con afiliación e simpatizantes.

Ás 16 horas (se as condicións climatolóxicas o permiten) estaremos na rúa do Príncipe (fronte ao MARCO), transmitíndolle á cidadanía as nosas propostas.

Primavera Europea é unha coalición formada polos seguintes partidos: Compromis, EQUO, Chunta Aragonesista, Partido Castellano, Democracia Participativa, Por un Mundo Más Justo (M+J), Coalición Caballas de Ceuta, Socialistas Independientes de Extremadura (SIEX), Socialistas por Tenerife e Demos +.

Deixa unha resposta