Estándares abertos: por unha tecnoloxía ética #DFD2015

Estándares abertos como garantes da equidade nas comunicacións dixitais e no acceso á tecnoloxía

Hoxe 25 de marzo, o derradeiro mércores deste mes, celébrase o Día da Liberdade dos Documentos (Document Freedom Day, #DFD2015), que reivindica o emprego e potenciación de formatos e estándares abertos na creación de documentos electrónicos e en calquera comunicación dixital.

dfd2015

O uso de formatos privativos pechados nos nosos documentos dixitais cerna as nosas liberdades non só no que respecta á nosa soberanía e independencia tecnolóxica como suxeitos individuais ou como comunidade, ao obrigarnos a empregar ferramentas e tecnoloxías concretas baixo o control exclusivo de determinadas empresas, se non que atenta contra a equidade no acceso aos servizos públicos e na nosa interacción coa administración.

Na nosa entrada do ano pasado celebrando este día, #DFD2014, xa falabamos de que un acceso xusto e responsable ás tecnoloxías da información é fundamental na consecución do obxectivo de lograr unha sociedade máis xusta, libre e transparente. Esa afirmación é hoxe aínda máis pertinente, toda vez que a sombra das patentes do software volve percorrer a Unión Europea: Las patentes acechan al software (otra vez), un artigo sobre esta problemática no Diario Turing do xornal electrónico eldiario.es

Deixa unha resposta