EQUO ve con preocupación as fisuras na fronte ampla para Vigo

Contrariamente ao que está a suceder noutras cidades galegas e do resto do Estado, en Vigo intereses particulares están detrás da fragmentación en varios movementos da que debería ser unha fronte única alternativa aos partidos políticos tradicionais.

EQUO aposta desde os seus inicios polo radicalismo democrático, a equidade e a ecoloxía política, polo que sempre estamos dispostas a apoiar e traballar en iniciativas que poñan á cidadanía por diante dos intereses partidistas. Ese é o motivo de que vexamos con preocupación o número cada vez maior de supostas frontes cidadás que, no canto de sumar o esforzo de todos os movementos da esquerda alternativa, reproducen un xa tradicional enfrontamento que só favorece ao PP e ao PSOE.

Pouco nos importa que se chamen Reconquistemos Vigo, Marea de Vigo, Gañemos Vigo ou Xuntos Vigo. Se todas estas iniciativas non son quen de converxer nun único movemento realmente cidadán, no que os partidos políticos demostremos que somos capaces de ceder o protagonismo, fuxir de personalismos e sumar esforzos, non ten sentido que teñamos que escoller unha sobre outra.

Por iso, malia o noso desexo de avanzar cara a unha confluencia, en EQUO renunciamos a participar nos procesos postos en marcha en Vigo mentres no se produza un achegamento das diferentes posturas. En última instancia, serán as afiliadas e simpatizantes de EQUO Pontevedra na cidade olívica as que decidan se finalmente apoiamos unha iniciativa cidadá ou non.

manual de uso6

5 Comments

  1. Pedro Gómez

    Sois cuatro gatos. ¿De verdad creéis que estáis en posición de ser tan exigentes? Si no os sumáis a un grupo simple y llanamente no sois nada. ¿O es que estáis esperando a ver que plataforma se impone para después subiros (supongo que con condiciones) al carro del ganador?

    • Desde EQUO aspiramos a que a cidadanía de Vigo teña a sorte de ter unha alternativa real. Con catro, ou máis, supostas alternativas so gañarán os de sempre. Desde EQUO en Vigo, se cadra non podemos facer todo o que quixéramos por ser poucos, coma dis, pero non queremos non facer nada e ver como se perde a oportunidade de cambio e de empoderamento da cidadanía que están vivindo noutras cidades de todo o Estado. Por que renunciar a iso? Será certo que pedir a unión da cidadanía nun so frente será ser “tan exigentes” nas túas palabras? Ogallá non sexa así e poidamos ver como as viguesas e vigueses recuperamos a nosa cidade.

  2. Hola Equo. Comparto vuestra preocupación por la situación actual, que en la práctica nos debe llevar a hacer todo lo posible por lograr una renovación en el gobierno de Vigo el próximo mes de mayo. Estoy bastante de acuerdo con el planteamiento de esta nota.
    Comparto tamén os vosos principìos e plantexamentos de radicalismo democrático, equidade e de ecoloxía política.
    Pero por favor: ¿me podéis explicar lo que queréis decir con “movementos da esquerda alternativa”?
    Para mi la etiqueta de izquierdas o derechas no tiene sentido si pretendemos que todos los vigueses decentes nos unamos en armonía y respeto a la diversidad para lograr recuperar el control de nuestra ciudad, como muy bien decís: vigueses que no quieren imponer idiomas, ni ideologías comunistas, ni nacionalistas, ni saltarse el estado de derecho para conseguir la evolución que necesitamos (que no revolución, empleando esa palabra en su sentido peyorativo, que incluyen actitudes antisitema violentas). Un saludo.

    • Grazas Pedro pola túa mensaxe e ton usado. Centráreime na túa pregunta sobre que queremos dicir ao usar os termos “movementos de esquerda alternativa”. Movementos, porque incluimos a toda a cidadanía organizada e non so a partidos, sindicatos, etc. é unha palabra coa que queremos buscar confluencias. Esquerda, porque aínda que agora vén sendo unha clasificación algo desgastada polo mal uso, defendemos o reparto dos recursos entre todas, se ben, en EQUO non compartimos a base productivista da esquerda clásica e obtamos por un novo modelo socioeconómico máis alá dos diferentes modelos de reparto das plusvalías baixo as premisas da Economía do Ben Común e do Decrecemento. Alternativa, porque o que temos agora, non nos vale. Non nos vale nin o sistema actual, nin as solucións que nos viñeron vendendo ata agora. Saúdos.

  3. Pedro Larrauri. Vigo.

    Gracias Equo, por la respuesta.
    Sigo con dudas sobre lo que se quiere decir cuando se dice izquierda (esquerda). En España tenemos todavía secuelas de la guerra civil, y si tuviera que posicionarme lo haría con la república, la institución libre de enseñanza, el laicismo, el liberalismo y la socialdemocracia, intentando sacar de cada idelogía lo mejor, dentro de la tolerancia y el respeto, y evitando cualquier violencia, restricción de libertades y tendencia al autoritarismo; también estoy en contra de que las grandes empresas controlen al poder (y nos exploten y engañen): son los políticos los que deben asegurar que el crecimiento económico y el progreso no crean injustas desigualdades; tampoco acepto que se potencie el parasitismo (vivir del cuento y del trabajo de los demás), se frene la iniciativa privada y se considere al que trabaja más y gana más un enemigo del pueblo, como hace la izquierda rancia y clasista. Y por supusto defiendo la igualdad de oporunidades, la libertad de expresión y el estado de derecho controlado por la sociedad civil (la verdaera democracia, con separación de poderes y contrapesos).
    Os aprecio mucho, y como dice mi mujer (que os vota): los que saben cuidar a la naturaleza y a los animales, es seguro que sabrán cuidar a las personas.
    Suerte, y espero que podamos y sepamos colaborar en las metas comunes, que son muchas.

Deixa unha resposta