EQUO rexeita hipotecar o futuro da Serra do Gontón

EQUO rexeita hipotecar o futuro da Serra do Gontón (Costa da Morte) pola construción do Parque Eólico de Mouriños e presenta alegacións en apoio dos colectivos en loita.

EQUO Galicia vén de presentar no día de hoxe alegacións ao proxecto do Parque Eólico de Mouriños dentro do prazo de información pública no que se atopa o expediente. Apoiamos así a Salvemos Cabana e demais colectivos na súa loita contra o devandito Parque cuxa construción veñen denunciando dende hai días. “Entendemos que se trata novamente doutro ataque ao noso patrimonio natural e paisaxístico da man das grandes multinacionais enerxéticas, ao que se suma o beneplácito da Xunta de Galicia que novamente prima os intereses empresariais aos intereses públicos ambientais” segundo palabras da covoceira Lidia García.

Este DOMINGO 20 ás 16h, a covoceira Lidia García xunto con outras persoas de EQUO Galicia farán unha visita á zona afectada xunto membros de Salvemos Cabana. Esta camiñada está aberta a calquera persoa interesada. Máis información no evento. Cambiouse a data. Desculpade as molestias.

 

EQUO Galicia esixe respecto polo incalculable valor paisaxístico da zona.

Ante todo EQUO Galicia esixe o respecto pola legalidade ambiental e polo incalculable valor paisaxístico da zona. Lembramos que o parque eólico proxectado afecta directamente ao miradoiro da espectacular desembocadura do río Anllóns na ría de Corme e Laxe.

EQUO rexeita parque eólico en Mouriños

EQUO denuncia fraude de Lei na presentación á cidadanía de dous proxectos separados cando a realidade é que se conciben como indisociables.

EQUO Galicia denuncia varias deficiencias graves tanto no proxecto do parque eólico de Mouriños como no proxecto sectorial de incidencia supramunicipal dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas. Ambos os dous proxectos concíbense de modo indisociable o un do outro e, con todo, preséntanse ante a cidadanía como proxectos autónomos en detrimento dos dereitos de participación e información cidadá, supoñendo unha verdadeira fraude de Lei.

Ademais, o partido ecoloxista amosa a súa preocupación e subscribe as denuncias xa formuladas polos colectivos ecoloxistas acerca dos posibles efectos negativos sobre a saúde dos habitantes da zona afectada polo proxecto. Así mesmo, anima a persoarse nos dous procedementos en fase de información pública, en defensa dos dereitos da cidadanía.

EQUO rexeita parque eólico Mouriños

A nova na prensa:

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/63071-equo-rexeita-hipotecar-futuro-serra-gonton-pola-construcion-parque-eolico-mourinos

https://galicia.economiadigital.es/politica-y-sociedad/equo-se-suma-al-rechazo-al-parque-eolico-de-mourinos_504022_102.html

http://contrainformacion.es/?p=4374

http://www.tercerainformacion.es/articulo/galicia/2017/08/16/equo-galicia-actua-contra-el-nuevo-proyecto-eolico-de-gas-natural-fenosa-en-la-costa-da-morte

Comments are closed