EQUO reclama unha Galicia libre de touradas

EQUO quere mostrar o seu rotundo rexeitamento a calquera tipo de maltrato contra os animais e a súa dignidade, como vén sendo á tauromaquia, que non só inclúe a lidia de touros senón tamén calquera festexo popular nos que se empregan estes animais.

Do mesmo xeito, EQUO Pontevedra mostra o seu apoio ás accións programadas para esta semana en toda Galicia por diversas asociacións civís. Animamos a todas as nosas afiliadas e simpatizantes a que participen activamente nos actos previstos:

Domingo 4, na Coruña: manifestación ás 12h (saída do Obelisco), organizada por “Galicia mellor sen touradas”,

Sábado 10 en Pontevedra: cadea humana que rodeará á praza de touros, ás 11:30 organizada por “Igualdad Animal / Animal Equality”,

Sábado 10 en Pontevedra: manifestación ás 8 da tarde na Peregrina, organizada por “Touradas fóra de Pontevedra”.

EQUO felicita a estas organizacións pola labor, non só desta semana, senón de todo o ano facendo visible o rexeitamento maioritario da poboación galega fronte a unha tradición aberrante e vergoñenta.

EQUO reclama ás administracións locais e autonómica que non destinen máis fondos públicos a promover e sustentar a tauromaquia, mentres por outro lado se multiplican os recortes nos servizos públicos co gallo dunha mal entendida austeridade

EQUO reclama que se prohiba en toda Galicia a tauromaquia, modificando a Lei 1/1993, de Protección de animais domésticos ou salvaxes en cativeiro, eliminando o artigo 5º no que se exclúe explicitamente as touradas, e que se proclame unha Galicia libre de touradas.

EQUO antitouradas

Deixa unha resposta