EQUO reclama transparencia na xestión do Concello de Vigo

O pasado 18 de febreiro a policía visitou as dependencias do Concello de Vigo por orden do xuíz para requisar documentación en relación a unha investigación xudicial en marcha. A corporación municipal tras ser preguntada sobre os acontecemento pola oposición no pleno do luns 24 de febreiro deu por toda resposta “pregúntelle á xustiza”.

EQUO considera extremadamente graves o feito de que a xestión do Concello de Vigo sexa motivo continuo de investigacións por parte da xustiza. E tras o exercicio de opacidade, por outra banda é unha seña de identidade desta corporación, que tivo lugar no pleno reclama que a Abel Caballero, alcalde de Vigo, dea as pertinentes explicacións á cidadanía.

EQUO defende as formas de facer política como unha das garantías da Democracia, pondo a transparencia como unha condición incuestionable. Por iso condena rotundamente a continua opacidade que marca o traballo da presente corporación en procesos de selección de traballo coma de acordos coas concesionarias de diferentes servizos municipais.

Imaxe Concello de Vigo

 

Deixa unha resposta