EQUO reclama que se amplíe o permiso ás bicicletas e ciclomotores

O Concello de Vigo vén de anunciar que a partir de hoxe martes 1 de outubro as motocicletas poderán circular polo coñecidos como carril-bus. EQUO Pontevedra considera un atraso a exclusión de bicicletas, xa que se o que se busca é a mellora no tráfico da cidade olívica, estas, xunto co transportes público, deberían ser as protagonistas.

Xusto cúmprese unha semana de que EQUO organizase polas rúas de Vigo unha carreira de medios de transporte, sendo as bicicletas, eléctrica ou convencional, ás mellor situadas nos resultados finais. Sen tempo aínda para achegar as conclusións da experiencia á praza do Rei, o Concello fai o anuncio de que as motocicletas -nin os ciclomotores nin as bicicletas están incluídas no anuncio- poderán facer uso dos carris-bus da cidade. Este anuncio demostra que a corporación municipal viguesa está moi pouco informada de cales son os medios de transporte máis eficientes dentro dun casco urbano.

Outra referencia ao respecto do interese do goberno vigués sobre a mobilidade sostible son as bicicletas eléctricas que o Concello de Vigo mercou por un valor superior a mil euros cada unha para por en marcha un sistema público de aluguer que se atopan abandonadas nalgún almacén municipal, sen mantemento e sen dar servizo á cidadanía.

EQUO apoia que as motocicletas poidan facer uso dos carrís-bus, xa que mellorará a mobilidade da cidade e son unha solución mellor que un coche con baixa ocupación. Sen embargo, EQUO denuncia as oportunidades que están a perder os vigueses de que a súa cidade se converta nunha cidade europea en cada obra de “humanización” que se comeza. E reclama que se amplíe o permiso para circular polos carrís-bus a ciclomotores e, a que será a protagonista da mobilidade nas cidades do futuro, a bicicleta.

Imaxe da saída da Carreira de Medios de transportes organizada por EQUOImaxe da saída da carreira de medios de transporte. Foto de Xoan Carlos Gil, vía La Voz de Galicia.

+info:

 27/09/2013 Autorización a motocicletas para circular polos carrís Bus_Taxi da Cidade http://hoxe.vigo.org/actualidade/avisos_trafico.php?lang=cas#1794

Regulamento DGT 2822/1998 http://www.dgt.es/was6/portal/contenidos/documentos/normas_legislacion/reglamento_trafico/reglamento_trafico126.pdf

Deixa unha resposta