EQUO publica o informe sobre a I Carreira de medios de transporte celebrada en Vigo

Neste documento recóllense as conclusións da actividade organizada polar rúas de Vigo co gallo da Semana Europea da Mobilidade.

Na carreira realizada o pasado día 24 de setembro utilizáronse os seguintes medios de transporte: a pé, bicicleta, bicicleta eléctrica, motocicleta, coche particular, taxi e bus urbano (Vitrasa), que percorreron as rúas céntricas de Vigo, desde Praza América ate o Mercado do Calvario pasando pola Porta do Sol.

Entre os resultados máis significativos cómpre destacar a evidencia de que o coche é o medio menos óptimo cando falamos de mobilidade urbana e de que a bicicleta é unha opción válida para moverse pola cidade. Os bos resultados da bicicleta como medio de transporte son especialmente significativos se temos en conta a total falta de respaldo por parte das institucións.

Ademais de publicar o informe para que estea dispoñible para toda a cidadanía, EQUO Pontevedra solicitará proximamente unha reunión cos concelleiros de Seguridade, Mobilidade e Xestión Municipal, e de Fomento e Transporte. O obxectivo de dita reunión será presentarlle este informe aos responsables locais e esixirlles que asuman os compromisos expresados polos distintos gobernos municipais na última década.

EQUO reclámalle ao goberno municipal vigués que se implique realmente na conversión do transporte en Vigo baseado no automóbil particularcara unha mobilidade sostible e non contaminante que faga da nosa, unha cidade do século XXI.

Pódese consultar o informe en liña ou en formato PDF I Carreira de medios de transporte-EQUO Pontevedra-conclusións ]

Imaxe do Punto de control na Porta do Sol

Punto de control intermedio da carreira na Porta do Sol.
Imaxe da meta no Mercado do Calvario

Na meta no Mercado do Calvario, os participantes agardando polo coche que aparcaba na zona azul.

Deixa unha resposta