EQUO Pontevedra achega a Primavera Europea ao Val Miñor*!

Este domingo estivemos no Val Miñor con Democracia Participativa para falarlle xente da nosa coalición, Primavera Europea, de cara ás eleccións europeas do vindeiro 25 de maio.

Comezamos pola mañá no paseo da Ramallosa, repartindo información, marcapáxinas e sobre todo falando coas personas que se pararon a coñecernos e a prantexar tamén as súas dúbidas e demandas. Tivemos boa acollida entre a maioría sendo ben recibidos pola cercanía que amosámos e polos seus comentarios, xa que concordaban coa maioría das nosas demandas, de ahí a boa sintonía.

Imaxe

Logo collimos ás bicicletas e fumos ata Baiona polo carril bici do paseo, amosando así o noso compromiso por un futuro no que as persoas que escollen a bicicleta como medio de transporte sexan máis favorecidas que para as que escollen o coche.

Imaxe

Xa pola tarde estivemos no paseo da Ribeira en Baiona, onde tivemos tan boa acollida que pola maña en A Ramallosa.Imaxe

Dende fai un tempo estase a traballar para facer un grupo local de EQUO no Val Miñor, e de seguro que con tan boa resposta da xente, non imos tardar moito en comezar a traballar. De momento xa estamos a traballar polo Twitter:  @EQUOValMinhor

Deixa unha resposta